16.2.15

ENTROIDO DOCUMENTADO! SOROLLA E VISIÓN DE ESPAÑA.

No CEIP Plurilíngüe Santa Rita adoitamos facer os Entroidos temáticos. Verdadeiros Proxectos Integrados e integradores.Para iso unha parte moi importante e previa á preparación do Entroido é a documentación. 

O curso pasado, aproveitando a temática do baile do Proxecto Comenius ,montamos unha Mostra Internacional cos Nosos Países, os dos socios comenius ( España , Francia, Rumanía e Polonia) aos que engadimos outros países e culturas implicadas no noso colexio (Italia e EE.UU) e Galicia, claro!
Lembremos como o fixemos para logo entender mellor a temática deste ano e todo o proceso de preparación.

Enlace a Entroido 2014. Con N de Nosa

 COMO NOS DOCUMENTAMOS

Documentación directa: Lisa Saponara, auxiliar italiana, Katie, auxiliar americana, colexios socios Comenius, comunidade de romaneses e romanesas da zona, Asociación Bagoas da Terra, responsables da Mostra folclórica Internacional en Viveiro.  Ás persoas que saben e que temos ao alcance.

Documentación en libros: destacamos o máis importante, no que nos basamos para preparar os bailes. Bibliografía temática específica que buscamos na Biblioteca ou mercamos para o Proxecto.


Documentación na rede: Para ver os detalles dos traxes e poder plasmalos nas nosas creacións, para estudar e completar as coreografías e os bailes. Google imaxes, festival Martisor no youtube, debuxos e bailes no blog Danzas del mundo...


Canto máis traballemos na fase de documentación, mellor sairá o traballo final. Hai que facelo ben desde o comenzo. Documentarse! Saber do tema para logo poder representalo da mellor maneira.

Valoramos moi positivamente o traballo do ano anterior e este ano quixémoslle dar continuidade.
Sabedes como fixemos? Cal é a temática e por que?

 Pois "en breve"... engadiremos un ler máis a esta entrada onde teredes que pinchar para informarvos de todo o relativo ao ENTROIDO 2015.

 Mostra folclórica Rexional. Sorolla. Visión de España.

Necesitamos tempo para preparar e publicar a entrada. Mentres, podedes mirar algunhas fotos na Galería de imaxes do cole para facerse unha idea .

Enlace directo á Galería de imaxes. Entroido 2015


Queremos que sexa o propio alumnado o que explique ...
Quen era Joaquín Sorolla?
En que consistía o Proxecto Visión de España?
Como o Ballet Nacional de España plasmou en escena o Espectáculo Sorolla? En que consiste o Espectáculo Sorolla, Siente el vestuario e Bailando a Sorolla?
Por que eleximos esta temática e como nos repartimos o traballo?
Como nos documentamos desta volta?

Estade atentos e atentas á actualización da entrada, á volta do Entroido! No blog Con N de nosa tamén atoparemos máis información sobre esta festa.
Para ter unha idea xeral do tema, consultamos o blog de Ermiclase SON DE LINGUAXES. Escoita, mira e comprende, na etiqueta de Baile...

Enlace ao blog SON DE LINGUAXES

4.2.15

LETRAS E APERTAS DE PAZ . APERTAS DE DENA!

A semana previa á  celebración da Paz lembramos a marea de xente que inundou o ano pasado! Reforzando o concepto de Comunidade, de colectividade, de xente distinta que rema ao mesmo compás!
Lembramos...


Enlace á etiqueta Paz 2014



Desta volta, decidimos traballar por grupos os distintos tipos de APERTAS...de catro brazos!

POEMAS E APERTAS DE PAZ 2015

Cada grupo, axudados polo seu titor ou titora elixiu un tipo de Apertas tomando por referencia as  da Proposta Abrazos de Oso

Enlace á paxina de Abrazoterapia. Nueva gaia.Vida y salud
Tipos de apertas onde documentarse.

Traballaron as apertas en xeral e centráronse na elexida para facer a súa representación e deixar o seu rexistro en forma de mural-puzzle ou libro de carteis, abrazos e poemas.

1º,2º e 3º completaron a actividade coa búsqueda, na casa, dun poema con temática de paz , reescribíronno e prepararon a súa lectura. Ainda que a maioría non repararon en citar a autoría , recoñecemos os versos de Rafael Alberti ou de Gloria Fuertes. Houbo algúns que decidiron a atreverse e a preparar un poema propio. Poucos foron os poemas en galego, preferíronse maioritariamente en Español de España. Era das primeiras actividades que facían de busca de información.

Os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua toman nota para traballar sobre poemas, rimas, poesía e poetas, tamén na nosa Língua, nos meses de febreiro e marzo. (Busca, lectura, autoría, ilustración,..)

O alumnado de 1º curso, comeza a ler e atrévense a ler poesía. Queredes escoitalos? Pois picade en Ler máis para velos en accción.