No CEIP Plurilíngüe Santa Rita adoitamos facer os Entroidos temáticos. Verdadeiros Proxectos Integrados e integradores.Para iso unha parte moi importante e previa á preparación do Entroido é a documentación.
O curso pasado, aproveitando a temática do baile do Proxecto Comenius ,montamos unha Mostra Internacional cos Nosos Países, os dos socios comenius ( España , Francia, Rumanía e Polonia) aos que engadimos outros países e culturas implicadas no noso colexio (Italia e EE.UU) e Galicia, claro!
Lembremos como o fixemos para logo entender mellor a temática deste ano e todo o proceso de preparación.
Enlace a Entroido 2014. Con N de Nosa
COMO NOS DOCUMENTAMOS
Documentación directa: Lisa Saponara, auxiliar italiana, Katie, auxiliar americana, colexios socios Comenius, comunidade de romaneses e romanesas da zona, Asociación Bagoas da Terra, responsables da Mostra folclórica Internacional en Viveiro. Ás persoas que saben e que temos ao alcance.
Documentación en libros: destacamos o máis importante, no que nos basamos para preparar os bailes. Bibliografía temática específica que buscamos na Biblioteca ou mercamos para o Proxecto.
Documentación na rede: Para ver os detalles dos traxes e poder plasmalos nas nosas creacións, para estudar e completar as coreografías e os bailes. Google imaxes, festival Martisor no youtube, debuxos e bailes no blog Danzas del mundo...
Canto máis traballemos na fase de documentación, mellor sairá o traballo final. Hai que facelo ben desde o comenzo. Documentarse! Saber do tema para logo poder representalo da mellor maneira.
Valoramos moi positivamente o traballo do ano anterior e este ano quixémoslle dar continuidade.
Sabedes como fixemos? Cal é a temática e por que?
Pois "en breve"... engadiremos un ler máis a esta entrada onde teredes que pinchar para informarvos de todo o relativo ao ENTROIDO 2015.
Mostra folclórica Rexional. Sorolla. Visión de España.
Necesitamos tempo para preparar e publicar a entrada. Mentres, podedes mirar algunhas fotos na Galería de imaxes do cole para facerse unha idea .
Enlace directo á Galería de imaxes. Entroido 2015
Queremos que sexa o propio alumnado o que explique ...
Quen era Joaquín Sorolla?
En que consistía o Proxecto Visión de España?
Como o Ballet Nacional de España plasmou en escena o Espectáculo Sorolla? En que consiste o Espectáculo Sorolla, Siente el vestuario e Bailando a Sorolla?
Por que eleximos esta temática e como nos repartimos o traballo?
Como nos documentamos desta volta?
Estade atentos e atentas á actualización da entrada, á volta do Entroido! No blog Con N de nosa tamén atoparemos máis información sobre esta festa.
Para ter unha idea xeral do tema, consultamos o blog de Ermiclase SON DE LINGUAXES. Escoita, mira e comprende, na etiqueta de Baile...
Enlace ao blog SON DE LINGUAXES
Bos días, elexir o tema das nosas festas sempre é un acerto. Divulgar a nosa cultura e o noso folclore. Noraboa polo traballo previo de documentación, é impresionante e moi laborioso. Moitas grazas por amosalo.
ResponderEliminar