Fai unhas semanas tivemos a visita da Policía Nacinal para tratar o tema "Delitos de odio". Esta é unha actividade que soemos facer dentro do Plan Director, orientada aos grupos de 5º e 6º. Durante a charla, explicouse que é iso dos "delitos de odio", mostráronse vídeos e déronse recomendacións e posibles actuacións ante tal delito.
30.11.17
25.11.17
CONTOS CONTRA A VIOLENCIA 3
O "Libro dos porcos" súmase aos "Contos contra a violencia". Un libro que nos fai reflexionar sobre o significado da igualdade e da colaboración.
Moitas grazas a esta familia! Un pracer contar con vós!
Etiquetas:
25 DE NOVEMBRO,
BIBLIOTECA,
COLABORACIÓNS,
EXTRAESCOLARES
24.11.17
TRABALLANDO PARA MELLORAR O MUNDO
Xa conseguimos as bolsas de tela, que cada un decorará co seu propio deseño e que usaremos e regalaremos para concienciar e evitar as de plástico.
Son varios os grupos implicados e todos e todas se esmeran no deseño de logos e eslogans. A causa o merece.
Etiquetas:
EXTRAESCOLARES,
MENSAXE NUNHA BOTELLA
MENSAXE NUNHA BOTELLA
Esta historia empezou cunha botella...
Unha botella cunha mensaxe de auxilio!
Nada menos que os mares e océanos necesitaban da nosa axuda para desfacer aquelo que non fomos capaces de ver. Quéixanse, e con motivo, do pouco conscientes e respectuosos que somos con eles, co medioambente.
Non somos conscientes do problema, cremos que esa masa case infinita é capaz de soportalo todo, de agochar, de tragar todo o lixo que nel botamos. Que o que facemos non afecta a outros...
Nada máis lonxe da realidade!
Etiquetas:
EXTRAESCOLARES,
MENSAXE NUNHA BOTELLA
23.11.17
CONTOS CONTRA A VIOLENCIA 2
Maruxa foi o conto que deu paso ao segundo día de “Contos contra a violencia” ! Neste caso, un grupo de nais deleitaron ao alumnado con esta divertida representación!
Moitas grazas!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
COLABORACIÓNS,
EXTRAESCOLARES
22.11.17
CONTOS CONTRA A VIOLENCIA
Este ano, para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, realizamos a actividade “Contos contra a violencia”. Durante esta semana vamos poder disfrutar dun contacontos diario nos que os participantes son pais e nais do noso alumnado.
Os contos representados tratan sobre temas como a igualdade, tolerancia, estereotipos, traballo en equipo...
Hoxe abriron o telón tres nais co conto “Max y los superhéroes”! Moitas grazas pola colaboración!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
COLABORACIÓNS,
EXTRAESCOLARES
20.11.17
DÍA MUNDIAL DA INFANCIA
Un día coma hoxe, recordamos que todos os nenos e nenas do mundo teñen dereitos!
18.11.17
APRENDENDO CON CACHARELA
Onte viñeron ao colexio representantes da Asociación Cacharela de Covas para mostrarlles ao alumnado a música tradicional galega a través de instrumentos como as cunchas, pandeireta, tambor, bombo e a gaita!
Moitas grazas!16.11.17
REPRESENTACIÓN "WANGARI"
Representación do libro Wangari de Janette Winter, Ediciones Ekaré, por parte do alumnado de 5º de Primaria e 6º de Ed. Infantil, como parte das actividades de animación para o Día das Biliotecas Escolares.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
E DESPOIS DO SAMAÍN... CHEGA O MAGOSTO!!
Como nos gusta esta festa no noso colexio!!! Castañas, sombreiros, xogos populares... facemos moitas cousas!!
Decoramos a entrada do colexio cunha castaña xigante rodeada de castañas pequeniñas, ourizos, sombreiros e libros do outono e do magosto que utilizamos nas aulas na hora de ler.
No seguinte vídeo tedes unha mostra do ben que o pasamos no magosto. Comimos castañas, divertímonos con xogos populares, fixemos o manifesto do peón...
13.11.17
NOVEMBRO... MES DA CIENCIA
Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como,MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, tamén nas bibliotecas escolares. Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redacción dun "manifesto"que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas.
A matermática Pregrina Quintela Estévez, Premio "María Joséfa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste ano 2017.
Estos son os recursos que nos propoñen as BIBLIOTECAS ESCOLARES dende o seu blog:
Dende BIBLIOGALDO xa nos puñemos mans á obra...NA CLASE DOS AZUIS, levan todo o mes con experimentos elaborados polos nenos e nenas. Galdiño propuxo facer un CLUB DE CIENCIA este curso,no que participarán os cursos de 3º,4º e 5º. O noso rincón da ciencia estase a construir,e mentras tanto, na última semana do mes de novembro teremos os RECREOS CIENTÍFICOS,nos que o alumnado de 6º de E.I, 4º curso e 5º faran de forma voluntaria,algún experimento para o resto do alumnado.
ASÍ QUE XA SABEDES SE CHE GUSTA A CIENCIA....VEN Á BIBLIOTECA!
8.11.17
DÍA DO PEÓN.
"Outro ano máis, achegándonos ao mes de novembro, temos a ben convocar a celebración do Día do Peón. E con esta xa imos pola decimoterceira edición!
Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que os días previos e posteriores ao 11 de novembro (este ano coincide en sábado) se convirtan nunhas datas na que os peóns tomen as prazas e rúas do país."
Así é como Brinquedia (Rede Galega do Xogo Tradicional) nos convoca a celebrar o Día do Peón.
Premendo na imaxe poderedes atopar unha serie de recursos que podes ser de utilidade para celebrar este día!
Premendo na imaxe tamén poderedes atopar unha canción: "Eu teño un trompiño"
Etiquetas:
DINAMIZACIÓN,
EXTRAESCOLARES,
PEON
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)