Como
todos os anos, o 24 de outubro, é un día moi especial, xa que
celebramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Por
que é especial? Encántanos ler, polo que todos os anos estamos
desexando coñecer o que vamos facer durante este curso.
Hoxe
dámoslle a benvida a temática que traballaremos durante todo o
curso, que non é outra como a POESÍA.
¡Este
ano o noso alumnado serán POETAS!
.
Galdiño
tamén nos contou que este ano investigaremos sobre o MEDIOAMBIENTE,
onde indagaremos nas diferentes problemáticas que producen que
teñamos contaminación no noso entorno.
Ademais de todo o que vos acabamos de contar, tamén levamos a cabo os APADRIÑAMENTOS, onde os de 3º, 4º, 5º e 6º apadriñaron os nenos de Educación Infantil e 1º e 2º.
E xa para rematar, o noso Galdiño tamén lles dixo que durante toda a seguinte semana ían RESUCITAR LIBROS, relacionados todos eles coa temática de Samaín.