Ola rapaces e rapazas :)
XA ESTÁ AQUÍ,O QUE TANTO ANSIABAMOS....
Como cada 25 de novembro, celébrase o día internacional contra a violencia de xénero, por desgraza cada vez vemos máis noticias nos medios de comunicación e cremos que dende a escola debemos formar aos nenos e nenas en valores coeducativos, para crear unha sociedade mellor,por iso,entre familias e mestres, debemos eliminar certos machismos diarios.
A semana previa ao 25 de Novembro estivemos escoitando uns contacontos moi animados, feitos por distintas nais,pais e familias; sei que lle contastes a Galdiño que vos gustaron moito e que queredes que os pais e nais sigan colaborando con nós. Tamén fixemos un mural en cor violeta,poñendo a nosa man con diferentes mensaxes dentro,apoiando ao concello coa súa campaña VIVEIRO EN NEGRO...pero ainda non rematou a nosa labor...
Levamos traballando todo o mes unha canción dunha #ARTISTA GALEGA: SOFÍA ESPIÑEIRA,alguén lle regalou o disco a Galdiño..(concretamente unha mestra que estivo neste cole..) titulado "ALÁ ONDE AGROMAN AS HERBAS". Despois de escoitalo, encantounos, pero sobre todo había unha canción que nos facía pensar ideas positivas e negativas, a canción nº 3 "NON TEÑO MEDO"; tod@s xuntos decidimos recoller isto para que toda a comunidade educativa puidera ver o traballo tan bonito que estabamos a facer.... así foi como entre alumnado, profesorado,cociñeiras,o conxerse Antonio,o pai de Félix (axudando desinteresadamente,jajajaj) realizamos un VIDEO.
GRAZAS A #SABELA BLANCO RODRÍGUEZ,por axudarnos a plasmar todas as nosas ideas,por ter tanta paciencia cos nenos e nenas e cos mestres!!! jajajaja.Foi un pracer traballar contigo :)
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.
Esta muy chulo, os lo pasais GENIAL
ResponderEliminarGran traballo, e gran mensaxe, paraben a todos
ResponderEliminarEsta chulissssimooo
ResponderEliminarMe encanta,que bien os lo debisteis pasar y los niños mas.
ResponderEliminarMe emociono muchísimo el video
Xenial! Parabéns!💜💜💜
ResponderEliminarXenial o video e o que transmite. Noraboa as/os artistas de Galdo!
ResponderEliminarBravo, Bravísimo! Artistas que sodes!
ResponderEliminarBoa escolla de canción e de intérprete... A mensaxe debería convertirse nun mantra nas cosas vidas "Non teño medo!"
Boa idea e xenial execución! Parabéns!
Un bo agasallo para Galdiño o disco "Alá donde agroman as herbas"de Sofía Espiñeira.
Vós facedes agromar tamén herbiñas de ilusión e levalas máis alá...Grazas,compañeirxs!