" 25 ANOS APEGADO AO NOSO"
PEDAGOXÍA VERDE.
FAMILIAS CONTANDO E CANTANDO...
PRESENTAMOS A GUÍA DAS ÁRBORES
DO NOSO PATIO.
BLOGUE DAS ACTIVIDADES DO CEIP PLURILINGÜE SANTA RITA, GALDO
" 25 ANOS APEGADO AO NOSO"
PEDAGOXÍA VERDE.
FAMILIAS CONTANDO E CANTANDO...
PRESENTAMOS A GUÍA DAS ÁRBORES
DO NOSO PATIO.
QUERIDAS FAMILIAS :)
Precisamos da vosa axuda !
LEMBRADES cales eran aqueles CANTOS e CONTOS que vos cantaban e contaban os vosos/as avós, avoas, nais, pais ou algún veciño/a da vosa contorna? #facedememoria
Dentro do marco do proxecto " 25 ANOS CAMIÑANDO XUNTOS", queremos facer un libriño con:
"CANTOS E CONTOS DE TRADICIÓN ORAL"
PODEDES ENVIARNOS A bibliogaldo16@gmail.com audios ou vídeos (gravados de forma horizontal, cos vos@s fill@s,cos avós, avoas ou veciños).
Este traballiño ímolo expoñer na semana das LETRAS GALEGAS, xunto co resto de traballos feitos polas bibliotecas escolares que forman parte da MICRORREDE da Mariña. A exposición leva por título: "A VOLTA COAS PALABRAS".
EN QUE CONSISTE O NOSO PROXECTO?
Sabemos que o alumnado é feliz no PATIO da escola, un patio con moitas posibilidades, xa que, ademais de xogar, tamén podemos utilizalo como un recurso que nos brinda a natureza para pode aprender del, o que ben chamamos PEDAGOXÍA VERDE.
Despois da Pandemia mundial da COVID 19, tiñamos claro que dar clase no exterior era a prioridade, por iso, pouco a pouco, fomos facendo diferentes actividades de forma transversal.
Algunha destas actividades foron: GUÍA DAS NOSAS ÁRBORES, ROTEIROS LITERARIOS, OBSERVACIÓN DE PLANTAS, FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS, TRABALLO NO INVERNADOIRO, A NOSA HORTA... e APADRIÑAMENTOS LECTORES que tanto nos gustan.
Queremos deixar plasmada esa imaxe do PATIO que teñen os nosos nenos e nenas e mostrala á comunidade. Con tal fin, farase nun lenzo un MOSAICO elaborado a partir dos seus debuxos do patio, lenzo que se mostrará na exposición do Concello.
"25 anos correndo, xogando, aprendendo, medrando, camiñando xuntos ben merecen ser mostrados"
Hoxe tivemos unha visita mooi especial no cole, veunos visitar a Toupiña e o seu amigo Protonio.
Amosáronos moitos experimentos, enseñáronnos que é o método científico e moitas curiosidades que foron xurdindo sobre astronomía, a física, a bioloxía, a química, etc.
Que divertida é a ciencia!!
Se vos gustou, podedes premer no seguinte enlace para ver máis capítulos da miniserie da cal é protagonista
A TOUPIÑA QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
Esta actividade encóntrase no marco do FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 21-22.
O proxecto conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.
Día mundial do libro e do Dereito de Autor
Ola rapazada :)
Esta semana e as vindeiras, a biblioteca, o patio e calquer lugar do colexio será un sitio de encontro para a LECTURA.
As quendas serán as seguintes:
LUNS: o mestre Luís, contaralles o conto de CAPPUCCETO ROSO (CARAPUCHIÑA VERMELLA) en italiano, ao alumnado de infantil.
MARTES: o alumnado de 3º de primaria contará o conto ao alumnado de 3 anos.
MÉRCORES: o alumnado de 4º de primaria contará o conto ao alumnado de 4 anos.
XOVES: o alumnado de 5º de primaria contará o conto ao alumando de 5 anos.
VENRES: o alumnado de 6º contaralles o conto ao alumnado de 1º e 2º.
A escolla de contos farase co alumnado voluntario de biblioteca e o horario será sempre na HORA DE LER, se fai bo tempo farémolo no PATIO.
Este ano para conmemorar o Día Escolar da Non violecia e a Paz, decidimos elaborar unha CHOIVA DE DESEXOS PACÍFICOS, que colgarán do paraugas que decora a nosa entrada. Estes desexos parten da necesidade de resolver os propios conflictos que xorden no día a día.
Un auténtico manifesto pola Paz no colexio.
Ademais, a partires da canción de Guadi Galego "Só con amor" elaboramos un podcast reproducindo estes desexos pacíficos e cantamos con ela esta fermosa canción.
Este podcast serviunos para conmemorar o 13 de febreiro o Día da Radio.
Aquí o podedes desfrutar!
Para o 3 de decembro, quixemos poñer o foco nas capacidades diferentes e non no prefixo "Dis".
Ola familias!
Nesta entrada do blogue aunamos as actividades que se celebraron no centro co motivo da celebración do Día Internacional da NON Violencia de Xénero o pasado 25 de novembro, e o Día da discapacidade o 3 de decembro.
25 de novembro: "COMPENSATORIA. TRATANDO COS CONTOS"
O venres gozamos no cole dunha xornada de Magosto.
Dado que este curso estamos a traballar sobre o PDI 25 anos apegados á terra. 25 anos apegados ao noso, decidimos rescatar tradicións arraigadas no centro para esta festa do outono, elaborando diferentes complementos para a cabeza con elementos naturais e de refugallo, e envases con cartóns de leite para manter as castañas ben quentiñas.
Aquí vai a mostra!
Foi un día de desfrute total, convivencia e diversión. Ademais de degustar as deliciosas castañas, bailamos e cantamos ao son da música tradicional galega, e xogamos a xogos populares como o peón, zancos, cordas, carreiras de sacos ou o "Comecastañas".
VIVA O MAGOSTO, AS FESTAS POPULARES E AS TRADICIÓNS!
O primeiro ciclo de E. Primaria estivo investigando para saber sobre O Samaín e logo poder explicalo.
Fixéronse preguntas e procuraron as respostas. Traballaron vocabulario relacionado. Escoitaron e leron sobre os pobos celtas, os costumes en diferentes lugares, as catrinas mexicanas, as cabazas calacús... O noso Samaín...
Logo, elaboraron un resumo para explicar en frases.
Neste Podcast podemos escoitar a orixinal explicación acompañados da música de Paco Nogueiras “No Samaín”, canción incluída no libro disco Brinca vai!