Día mundial do libro e do Dereito de Autor
Ola rapazada :)
Esta semana e as vindeiras, a biblioteca, o patio e calquer lugar do colexio será un sitio de encontro para a LECTURA.
- Teremos os APADRIÑAMENTOS LECTORES, que tanto vos gustan.
As quendas serán as seguintes:
LUNS: o mestre Luís, contaralles o conto de CAPPUCCETO ROSO (CARAPUCHIÑA VERMELLA) en italiano, ao alumnado de infantil.
MARTES: o alumnado de 3º de primaria contará o conto ao alumnado de 3 anos.
MÉRCORES: o alumnado de 4º de primaria contará o conto ao alumnado de 4 anos.
XOVES: o alumnado de 5º de primaria contará o conto ao alumando de 5 anos.
VENRES: o alumnado de 6º contaralles o conto ao alumnado de 1º e 2º.
A escolla de contos farase co alumnado voluntario de biblioteca e o horario será sempre na HORA DE LER, se fai bo tempo farémolo no PATIO.
- ACTIVIDADE: AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN
Ningún comentario:
Publicar un comentario