"Un libro é o mellor amigo do mundo,
corríxete sen que te avergonces
e enséñache gratuitamente".
Carmen de Máximo, coas súas palabras anima a todas as persoas a ler, a disfrutar e a aprender cos libros e cos Audiolibros.
O curso pasado, por esta mesma celebración publicamos as vosas respostas á pregunta
Que é para ti un libro? na Biblioteca.
Esta vez,estamos interesados e queremos que fagades as vosas recomendacións. A pregunta é:
Cal é o teu libro favorito e por qué? Que libro recomendarías para a súa lectura?
Para poder contestar é necesario pensar, ir a ese fermoso disco duro que tedes na vosa cabeza e rescatar aquel libro, aquela portada, aquel título, aquela agradable sensación... Seguro que ese libro está na Biblioteca do cole, noutra biblioteca ou na casa.
Pois, sería interesante que o atopárades, o rescatárades e elaborárades a vosa recomendación.
O Equipo de Biblioteca agarda polas vosas recomendacións para poder publicalas.
Se xa tedes claro cal é o libro que queredes recomendar non tedes máis que dicilo.
Queremos ver, oír e ler as vosas recomendacións!
Lembrade que non todos os libros son contos. Existen moitos libros diferentes: libros de texto da escola, libros de consulta, libros informativos, Albumes ilustrados, Audiolibros,... Libros!
As familias, desde a casa tamén podedes facernos chegar as vosas recomendacións!
Agradecemos a participación e as vosas achegas!
Galdiño estará agardando a saber cales son os libros favoritos dos lectores da Biblioteca.