24.2.19

FESTEXAMOS O #DíadeRosalía

Ola :)


Despois de moito traballiño por parte do alumnado e profesorado...temos o NOSO VIDEO para festexar dúas efemérides: o día da LINGUA MATERNA E O DÍA de ROSALÍA, e que mellor forma que investigar e documentarse sobre a vida de Rosalía dende a súa infancia ata a súa morte. 

Dende o EDLG e BIBLIOTECA fixemos unha proposta onde o que tiñamos claro era que o alumnado fose o gran protagonista deste video, xa que tiveron que gravar coa cámara no verde croma da biblioteca e incluso facer exteriores (axudados pola mestra Inés); tamén gravaron os audios no Ipad coa mestra Carla, dende o recitado da poesía ata as cancións de Uxía (sempre coa súa aotorización).
Pretendemos que o alumnado sexa partícipe do seu propio aprendizaxe e vaia se foron!

AQUÍ VOS DEIXAMOS O RESULTADO!



O venres pola tarde, xuntámonos todo o centro e poidemos desfrutar do visionado do video e da actuacíón de tres alumnas de 4º curso: Noa, Fátima e Daniela. Fixeron unha interpretación do poema NEGRA SOMBRA de Rosalía. Noa tocou co clarinete e Fátima e Daniela fixeron a súa "performance".




                           #LibreOMeuPensamento_rdc_19

14.2.19

DÍA DOS NAMORADOS

14 DE FEBREIRO: DÍA DOS NAMORADOS
Dende o equipo de dinamización, biblioteca e actividades extraescolares festexamos este día mediante un photocall, *dillo con respecto* onde todo o alumnado realizou un corazón e escribiu unha mensaxe a unha muller, xa que o día 8 de Marzo enviarémoslles eses corazóns a esas mulleres tan especiais. 
Todos os corazóns colgámolos na nosa árbore da paz esperando a que chegue o día para envialas. 


8.2.19

VISITA DE MALIBÚ

Hoxe tivemos unha sorpresa moi especial, Malibú estivo no noso colexio. Todas e todos as nenas e nenos do colexio recibiron unha carta na cal poñía...:


Despois, por quendas, todos e todas puidemos tocalo, acaricialo e coñecer a importancia que ten o coidado dun animal. 



Ao final, todas e todos recibimos un diploma. Grazas Malibú, por todo o que nos ensinaches.