As nenas e nenos de 1ºEP están a estudar os animais e preguntáronlle a Galdiño se había algún libro de POESÍA sobre animais, e claro que había!. O libro escollido foi ANIMAL FUN, cuxo autor é Pepe Sendón da editorial EL PATIO EDITORIAL.
Cada nena/o elexíu o poema do animal que máis lle gustou e fixo o seu propio debuxo, a verdade que sodes uns ARTISTAS !
Como no libro tamén viñan os versos en inglés algúns animáronse a recitalos!
Despois de moito traballiño por parte do alumnado e profesorado...temos o NOSO VIDEO para festexar dúas efemérides: o día da LINGUA MATERNA E O DÍA de ROSALÍA, e que mellor forma que investigar e documentarse sobre a vida de Rosalía dende a súa infancia ata a súa morte.
Dende o EDLG e BIBLIOTECA fixemos unha proposta onde o que tiñamos claro era que o alumnado fose o gran protagonista deste video, xa que tiveron que gravar coa cámara no verde croma da biblioteca e incluso facer exteriores (axudados pola mestra Inés); tamén gravaron os audios no Ipad coa mestra Carla, dende o recitado da poesía ata as cancións de Uxía (sempre coa súa aotorización).
Pretendemos que o alumnado sexa partícipe do seu propio aprendizaxe e vaia se foron!
AQUÍ VOS DEIXAMOS O RESULTADO!
O venres pola tarde, xuntámonos todo o centro e poidemos desfrutar do visionado do video e da actuacíón de tres alumnas de 4º curso: Noa, Fátima e Daniela. Fixeron unha interpretación do poema NEGRA SOMBRA de Rosalía. Noa tocou co clarinete e Fátima e Daniela fixeron a súa "performance".
Un nadal máis queremos deixarvos unha guía cheíña de recomendacións. Dende o equipo de BIBLIOTECA e mailo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, fixemos unha excolla daqueles libros, audilibros, películas, xogos para xogar en familia, CD de música galega, ocio no noso concello, etc... que pensamos que vos poden gustar.
E seguimos cargadiños de actuacións!. Hoxe tivemos o placer de ter no noso cole a visita de IVÁN VALE e o seu CORO do CEIP FONDO NOIS. Iván Vale é viveirense, compositor,participa no CORO DE TEMPUS FUGIT e MESTRE DE MÚSICA neste cole.
O alumnado de 6º foi o encargado de presentar dita actuación xa que esta semana estiveron investigando quen era IVÁN VALE. Era necesario, porque o venres, no festival de NADAL, interpretarán unha canción do seu repertorio.
Hoxe os PROTAGONISTAS foron as NENAS E NENOS do CORO. Interpretaron cancións de orixe mexicano como A CUCARACHA, ou o CUMBANCHERO... ata houbo algunha de orixe RUSO traducida ao galego, jajajajajajaaaa.. canto se aprende coa MÚSICA, cancións doutros paises, ritmos diferentes...
NORABOA A TÓDOLAS NENAS E NENOS DESTE CORO E AO SEU MESTRE IVÁN... PORQUE O #galegotamensecanta