20.12.18

MÁIS MÚSICA EN GALEGO!!

OLA rapazada!!

E seguimos cargadiños de actuacións!. Hoxe tivemos o placer de ter no noso cole a visita de IVÁN VALE e o seu CORO do CEIP FONDO NOIS. Iván Vale é viveirense, compositor,participa no CORO DE TEMPUS FUGIT e MESTRE DE MÚSICA neste cole.

O alumnado de 6º foi o encargado de presentar dita actuación xa que esta semana estiveron investigando quen era IVÁN VALE. Era necesario, porque o venres, no festival de NADAL, interpretarán unha canción do seu repertorio.

Hoxe os PROTAGONISTAS foron as NENAS E NENOS do CORO. Interpretaron cancións de orixe mexicano como A CUCARACHA, ou o CUMBANCHERO... ata houbo algunha de orixe RUSO traducida ao galego, jajajajajajaaaa.. canto se aprende coa MÚSICA, cancións doutros paises, ritmos diferentes...



NORABOA A TÓDOLAS NENAS E NENOS DESTE CORO E AO SEU MESTRE IVÁN... PORQUE O #galegotamensecanta

Ningún comentario:

Publicar un comentario