Ola rapazas e rapaces :)
O martes tivemos pola tarde unha visita mooiiii especial grazas á ANPA do cole. Como agasallo de nadal, xunto co apalpador, fixeron posible que PAKOLAS viñera dar un concerto, e vaia concerto!!
Os protagonistas foron as nenas e nenos, xa que Paco Cerdeira,convidounos a cantar,bailar e falar. Coñecimos as historias de Baldomero, o mero... do parrulo McPAc, do rato Xaquín..
Este é o primeiro traballo en solitario tras o seu paso polas formacións de MAMÁ CABRA e GRANOLA GOMINOLA, da que é fundador e integrante.
Dende o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN, contáronnos que no PORTAL DA LINGUA GALEGA teñen unha actividade chamada ENREDANDO CON PAKOLAS! dirixida a nenas e nenos de 4 a 9 anos, QUE SORTE TIVEMOS NO COLE DE PODER CONTAR CON ESTA ACTIVIDADE PARA TODO O ALUMNADO!!
Galdiño, recibiu a carta da ANPA e agasallounos co libro de PAKOLAS. Agora, seguindo a CDU, irá para o sitio perfecto.
MIL GRAZAS Á ANPA DESTE COLE POR PROMOVER O GALEGO, PORQUE O GALEGO ADEMAIS DE FALALO TAMÉN O CANTAMOS!!! :)
#ogalegotamensecanta
Ningún comentario:
Publicar un comentario