Ola familias!
Nesta entrada do blogue aunamos as actividades que se celebraron no centro co motivo da celebración do Día Internacional da NON Violencia de Xénero o pasado 25 de novembro, e o Día da discapacidade o 3 de decembro.
25 de novembro: "COMPENSATORIA. TRATANDO COS CONTOS"
Traballo a través de contos, lecturas ben escollidas, performances e metáforas para comprender o significado do 25N Día Internacional da NON violencia de , concienciar e visibilizar o maltrato, reflexionar e dialogar para buscar solucións.
Tarefa final: BO TRATO. Ir concretando en accións que definan o Bo trato. Escribir mensaxes de conciencia e acción cara ao Bo trato.
Escenificación e análise do conto "A voda do Galo Pinto". Adaptando o traballo, a posta en escena e as demandas de análise para os distintos grupos de Infantil e Primaria. Tendo moi ben preparada e adaptada a presentación para cada un dos grupos.
Outros contos traballados e analizados foron: O Papón, Artur e Clementina, Era unha segunda vez...A Bela e a Bestia.
Realizouse tamén un teatro de monicreques para as nenas e nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria do conto "Pepuca e o monstro que lle roubou o sorriso"
As nenas e nenos de 3º de primaria traballaron sobre o libro "No corazón do bosque", capítulo "O segredo de Raquel". Ata se animaron a facer teatro radiofónico!
Escoitamos!
Ademais, cada clase elaboramos mans violetas con mensaxes de BO TRATO para colgar na nosa árbore da entrada, e extendimos esta actividade a toda a comunidade educativa, a través dunha instalación artística na que se colgaron lazos na porta do cole con estas mensaxes.