22.4.22

A XANELA DO MAXÍN. TOUPICIENCIA

 Hoxe tivemos unha visita mooi especial no cole, veunos visitar a Toupiña e o seu amigo Protonio.

Amosáronos moitos experimentos, enseñáronnos que é o método científico e moitas curiosidades que foron xurdindo sobre astronomía, a física, a bioloxía, a química, etc.

Que divertida é a ciencia!!

 

Se vos gustou, podedes premer no seguinte enlace para ver máis capítulos da miniserie da cal é protagonista

A TOUPIÑA QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

 














Esta actividade encóntrase no marco do FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 21-22.

O proxecto conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.

SEMANA DO LIBRO...MES DO LIBRO

 Día mundial do libro e do Dereito de Autor

Ola rapazada :)

Esta semana e as vindeiras, a biblioteca, o patio e calquer lugar do colexio será un sitio de encontro para a LECTURA.

  • Teremos os APADRIÑAMENTOS LECTORES, que tanto vos gustan. 

As quendas serán as seguintes:

LUNS: o mestre Luís, contaralles o conto de CAPPUCCETO ROSO (CARAPUCHIÑA VERMELLA) en italiano, ao alumnado de infantil.

MARTES: o alumnado de 3º de primaria contará o conto ao alumnado de 3 anos.

MÉRCORES: o alumnado de 4º de primaria contará o conto ao alumnado de 4 anos.

XOVES: o alumnado de 5º de primaria contará o conto ao alumando de 5 anos.

VENRES: o alumnado de 6º contaralles o conto ao alumnado de 1º e 2º.

A escolla de contos farase co alumnado voluntario de biblioteca e o horario será sempre na HORA DE LER, se fai bo tempo farémolo no PATIO.

  •  ACTIVIDADE: AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN 
 
 
 
Ler é liberdade. Ler é respirar.
 
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
 
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
 
A plenitude do teu universo só medra cando les.
 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
 
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
 
Inspiran. Ensinan.
 
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan
os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
 
Mahsi cho. Moitas grazas.
 
RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

 BLOG ASESORÍA BESCOLARES