24.11.14

SEN FOTOS! NECESITAMOS DA VOSA COLABORACIÓN!


Ola, a toda a Comunidade Educativa de Galdo!

Ainda que non houbera moita actividade neste blog últimamente, non quere dicir que non pasasen cousiñas do máis interesantes.
Durante este tempo estuvemos moi ocupados, con moitas actividades diferentes. Así é o primeiro trimestre ,de festa en festa e de actividade en actividade: Principio de curso e novidades, Samaín de medo, Recollida de castañas e Magosto…e un novembro despois de Defuntos cunha axenda do máis apretadiña. Moitos obradoiros e actividades diversas en relación aos Proxectos que traballamos no noso cole. Un ritmo frenético coa Radio, as Festas de Outono, posta en marcha do  invernadoiro e VozNatura, os Obradoiros do Eroski, ADEGA, o Teatro ,visita da artista mariñana Cristina Basanta polos Dereitos da Infancia, a viaxe  Comenius do alumnado de 6º a Morteu, a Francia…
 Case nos quedamos sen profesorado para poder atender a todo!

Fixemos moitísimas fotos que ilustrarían tan interesantes actividades. Aprendemos moito. O Día 20 de novembro foi moi especial. Pola mañá os obradoiros ADEGa e pola tarde a visita de Cristina Basanta e celebración dos Dereitos da Infancia. Día en que a cámara de fotos non parou de retratar cada momento e cada detalle. Pero…por un erro mistura de humano e tecnolóxico, perdímos todas esas fotos que axudarían a describir as actividades! Menudo disgusto!

Entón, facemos un chamamento. Ti, alumno ou alumna que participache nalgún dos Obradoiros, atrévete a ser xornalista! Conta e Ilustra!
Este tamén é un chamamento ás familias para animar aos seus fillos e fillas a colaborar.
E o chamamento exténdese a mestras e mestres que participaron da actividade. Poden ser de grande axuda!

Describindo as actividades das que participamos axudaranos a aprender moito escribindo e elixindo as imaxes que acompañarán os nosos escritos, os nosos artigos xornalísticos.

Que fixemos? A onde fumos? En que consistía a actividade? Se nos gustou, por que sí ou por que non?
Mais importante, xa que perdimos as fotos é ILUSTRAR! Ilustrar o momento cun debuxo, un comic, un croquis…

Necesitámolo! Necesitamos da vosa valiosísima colaboración con texto e imaxes.
Xa empezou Saúl de 3º, que nos aporta dous textos informativos:
Salida a las castañas e Salida al Teatro .Artigos que tivo que construir para Lengua Castelá e que quere compartir con nós.


3.11.14

SEGUIMOS A TRABALLAR A ESCOITA

Como nos gustan os libros CD-DVD! Claro, que son caros. Na Biblioteca temos algún pero queremos ter máis.


Neste tempo de outono e de millo, traballamos coas cancións de Migallas...



Xa tiñamos gana de ter este libro de Paco Nogueiras que traballa as festas do calendario escolar!
No noso caso foi un agasallo da mestra Conchita á Biblioteca do cole.



Outra aportación á Biblioteca, a da mestra Ermi con Alegríia,yes!

Deste xeito, con aportacións imos tendo un material xeitoso para traballar a escoita con alegría,facer "Listenings, prestar máis atención, axudando a transformar o son en palabriñas.

Por exemplo...

Hugo, de 1º traballa o son correspondente á letra l (ele) coa "abuela Manuela" do Pan de Millo, ainda que  súa avoa sexa Felisa, que tamén leva o son do ele.


Seguiremos a formar a nosa Bibliografía de libros CD...Xa temos en mente



Xa que o tema vai de baile e de folclore, xusto o tema do Proxecto Comenius...Shall we dance?
Agardamos a chegada deste e doutros libros para escoitar e bailar , para a Nosa Biblioteca.
                                         

2.11.14

AUDIO SEN PANTALLA. RADIO GALDO!

Escoitar con atención é moi importante para a linguaxe e para as linguas.
Fascinados por un mundo visual e de pantalla, cada vez escoitamos menos. Para que non esquezamos a importancia da ESCOITA, arrancámonos cunha interesante aventura...


  
Fotografía artística creada por Clara Martinez, de 6º curso.

A idea da radio parte dunha iniciativa conxunta entre o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca.

O grupo Editorial Como cho conto! Son os rapaces de 6º curso que dan comezo a este Proxecto.
Dirixindo o estudo de gravación, o mestre de música e titor de 6º, Marcial Miramontes.