2.11.14

AUDIO SEN PANTALLA. RADIO GALDO!

Escoitar con atención é moi importante para a linguaxe e para as linguas.
Fascinados por un mundo visual e de pantalla, cada vez escoitamos menos. Para que non esquezamos a importancia da ESCOITA, arrancámonos cunha interesante aventura...


  
Fotografía artística creada por Clara Martinez, de 6º curso.

A idea da radio parte dunha iniciativa conxunta entre o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca.

O grupo Editorial Como cho conto! Son os rapaces de 6º curso que dan comezo a este Proxecto.
Dirixindo o estudo de gravación, o mestre de música e titor de 6º, Marcial Miramontes.


Radio Galdo pretende ser unha ferramenta de traballo estable onde poidan participar todos os rapaces e rapazas (preparando guións, entrevistas, relatos, noticias...) Deste xeito, a través dunha actividade divertida , estaremos a traballar un montón de áreas distintas. As familias tamén terán unha participación activa na realización dos podcast colaborando con contos, entrevistas...

Os podcast dos distintos programas serán colgados nun apartado especial dentro da páxina do noso cole. Intentaremos manter os podcast actualizados e cumprir cos prazos de entrega que, en principio serán cada tres semanas.
CONTIDOS:


Programa 1:

Programa 2:


Programa 3:

Medo nos dá!..

1 comentario: