18.5.15

EXPOSICIÓN NO COLE....."OS SOÑOS NON PODEN ESTAR ENGAIOLADOS"

Ola a tod@s!!! por fin o noso corredor está cheo dos traballos do noso alumado,pero QUE PRECIOSIDADES!!!

Como dixemos na entrada anterior, este ano no cole de Galdo decidimos traballar dende infantil ata 6º de primaria o libro de Manuel María, "OS SOÑOS NA GAIOLA"

Xa que o produto final de todo este traballo será facer uns lilbros por ciclo, este ano ían cun formato determinado para cada curso, xa veremos o resultado final. O equipo de Biblioteca decidíu repartir o traballo da seguinte forma:

Os nenos e nenas de 3,4 e 5 anos decidiron traballar os poemas relacionados co MUNDO: O SOL,A LÚA,O ARCO DA VELLA,O VENTO,O RÍO, O MAR,A ESTRELA SEN NOME.....

No primeiro ciclo, os cursos de 2º e 3º traballaron AS COUSAS.....AS CAMPÁS,O MEU BARCO,O MUIÑO,O OURIZO,A FOUCE,O FOGUETE,O ARADO,O CARRO,O BOLO... 

No segundo ciclo,3º e 4º elixiron GALIZA...coa súa MUIÑEIRA  e os séus animais..O SEÑOR GATO,O LOBO,O AÑO,A BOLBORETA,A PITA CHOCA,A VACA,O MEU BURRIÑO,O GALO,O LOBO..

E no tercer ciclo, 5º e 6º quixeron coñecer os PAXAROS....O CUCO,O PARDAL....e todas aquelas cousas que se refiren ao mundo dos HOMES, NENOS E NENAS....así que viñeron poemas ilustrados do LABREGO,A FESTA DO PATRÓN,XOGOS,O LUME NOVO, A BONECA ( feita cunha caroza de verdade...que prediosidade..) A RODA RODA,.....

QUE VOS PODO CONTAR!!!! 

POIS PARA QUE VEXADES A MARABILLA DE TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS....AQUÍ TEDES UN VIDEO RESUME DA NOSA EXPOSICIÓN.,  PERO NON DEIXEDES DE VIR A VELOS EN PERSOA...:)



14.5.15

GUÍA DE USUARIOS

Galdiño quixo axudarnos ,nesta guía-tríptico , a manexarnos na Biblioteca, como usuarios e usuarias.
Así podemos consultar o máis importante para facer un bo uso da nosa Biblioteca Escolar.


A clasificación dos libros segundo a CDU e o código de cor da nosa  margarida, o misterio do Tejuelo, a distribución e deseño de espazos , Normas de uso, horario e sistema de préstamos!

Se non atopas a túa guía, na biblioteca atoparás outra, pregunta e consulta. Con un bo uso da Nosa Biblioteca aforramos tempo e esforzos.


Que buscas? Onde poderás atopar iso que buscas? Cando e como podes xestionar a consulta ou préstamo? Todas as respostas condensadas e resumidas nunha folla. Moi útil tela sempre á man, non si?



Consulta o Catálogo do Meiga ou o noso blog cando o precises e tamén cando queiras, ben nos enlaces e direccións ou co lector de códigos QR. É preciso estar informado ou informada en todo momento.
Non te perdas, as guías son para ser usadas!
Ainda así...ante calquera dúbida... pregunta! O Equipo de Biblioteca, sempre dispoñible!

13.5.15

MICRORREDE. ACTIVIDADES DE BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Hoxe temos unha cita ás 18:00h na Sala de Usos Múltiples do Concello, na Plaza Maior.
Inagúrase a Exposición conxunta de traballos das Bibliotecas Escolares da Microrrede da Mariña "O Refraneiro de Cervo a Viveiro".

Cartel feito por María Pernas para o evento.

Unha Semana importante onde se realizarán actividades dinamizadoras de Fomento da Lectura e das funcións das Bibliotecas Escolares de Galicia, neste caso concretada na zona da Mariña nun gran esforzo de coordinación entre Equipos de Biblioteca dos centros participantes.


Hoxe da comezo o Programa de Actividades

18:00h

Logo dun Acto de Inaguración da Exposición e a un elaborado discurso escrito por Mari Luz de Xove, a EEI San Roque, de Viveiro fará un teatro de títeres para representar un dos contos máis coñecido e dos favoritos da poboación Infantil: Cocorico!

A continuación o noso cole de Galdo desenvolverá unha actividade integradora que trata de fomentar a lectura e xuntar xeracións: Hai libros para todos! 

Non sabemos como nos irá neste comezo, baixas de última hora, nervios, sen tempo a ensaiar...
Seguro que é un exitazo! Prometemos que , en canto podamos, contaremos como foi! 

Non se pode estar ao mesmo tempo na misa e máis repenicando!-di o refraneiro. Pero de seguro que haberá fotos e moito que contar...
Vide e disfrutade, se podedes! En vivo e en directo...actuacións, moito que ver e moito que ler! 
O NOSO REFRANEIRO, da zona! Animádevos, familias!