Acércase o día da TERRA, e eu quería darvos as grazas polo ENORME TRABALLO que fixestes durante este curso, aportando moita información e investigación ao noso proxecto "SOÑANDO MARES TRANSPARENTES".
Recordades cando vos presentamos o proxecto e vimos este video da ONU "Los océanos definen nuestro planeta" (gran traballo do alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria xa que lle puxeron o audio en galego.) Pareceunos moi significativo para vós, pola mensaxe que transmite, algo que nos parece vital para a vida do planeta: o coidado do Mar comeza en cada un.
MIRADE o video de novo....
Despois do visionado do video, o alumnado de 3º e 4º van facer un experimento na casa da ACIDIFICACIÓN DO MAR, e preguntarédesvos, que significa esta palabra?
Se premedes nesta entrada do blogue O CATAVENTOS poderedes ver toda a información.
Invítovos á toda a comunidade a levar a cabo o experimento que propón a mestra Inés, é moi sinxelo e estou segura de que tedes todos os ingredientes na casa.
ANIMÁDEVOS E MANDADE OS VOSOS VIDEOS co voso nome e curso ao correo: bibliogaldo16@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario