25.5.13

Observando polo microscopio

O alumnado do colexio estivo pasando polo Recuncho da Ciencia onde temos os vermes da seda.
Utilizamos un microscopio para poder ver como saían os vermes dos ovos e tamén para ver os Bombyx Mori que aínda son moi pequeniños.
Que ben o pasamos observando a estes animaliños!
Ñam, Ñam..., todo o día papando nas follas de moreira!




24.5.13

O recuncho da ciencia

Desde hai uns días temos aberto no noso colexio un RECUNCHO DA CIENCIA.
Neste recuncho puxemos un criadoiro de vermes da seda. Este vermiño, cientificamente coñecido com Bombyx Mori, é ben curioso e os nenos e nenas que visitamos este espazo apampamos diante do criadoiro vendo como os vermiños--ata agora moi pequenos--comen e comen nas follas de moreira, o único alimento que devoran.
Dentro duns días os vermes medrarán e entón comezarán a facer o seu casulo de seda.
Daquela xa vos teremos informados.

17.5.13

Tod@s somos Roberto Vidal Bolaño






Hoxe tod@s somos Roberto Vidal Bolaño. Roberto foi escritor, actor, cineasta...Nestes días do mes das Letras Galegas estivemos traballando coa súa biografía e coa súa obra.
Nestes días tod@s fomos Roberto Vidal Bolaño.

14.5.13

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS,EXPOSICIÓN NO CONCELLO

Xa están os portadores de poemas no Concello: papaventos da EEI San Roque, paxaros do CEP Lois Tobío e máis do CEIP Pedro Caselles Rollán, flores do CEIP de Covas e do CEIP de Cervo, abellas do IES Vilar Ponte, xoaniñas do IES María Sarmiento e as andoriñas do CEIP Santa Rita. Alí estarán expostos na aula de Usos Múltiples do Concello neste mes de Maio.
 Moitas familias que apadriñaron conocidos e non tan coñecidos poemas. Unha actividade conxunta que quixeron facer os centros da zona.
Hoxe quedará inaugurada a exposición ás 18:30. Poderedes visitala o resto da semana.




5.5.13

MAIO, MES DAS FLORES E TAMÉN DAS LETRAS

Dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización Lingüística do noso centro, propúxose un concurso de cartel anunciador das Letras Galegas 2013. Fixéronse unhas bases escritas a seguir para realizar un bosquexo e un bo cartel. O concurso tivo moito éxito no alumnado de 4º curso de EP.



Xa temos cartel gañador. Noraboa, Cristina González, de 4º curso.

Houbo varios carteis que nos gustaron moito posto que se axustaron ben ás bases escritas e foron moi claros na súa mensaxe.






 
 
A forma de representar a ROBERTO VIDAL BOLAÑO no cartel das Letras Galegas 2013 coincide en lembralo no centro do escenario teatral, co seu sombreiro e a súa nariz de pallaso.


Grazas a todos e todas polos vosos carteis!

 Haberá máis concursos e máis bases escritas coas que iremos aprendendo a mellorar os nosos traballos, a facer planificación, bosquexos e a condensar significados en linguaxe visual misturando texto e imaxe. Esperamos que vos animedes a participar en  novos concursos que se fagan.