28.4.20

LÓVA

Sabemos que a COMPAÑÍA ESTRELA está parada, sen poder xuntarse para facer as súas REFLEXIÓNS por iso as súas mestras reuníronse para darvos noticias...

MIRADE...



24.4.20

SAIMOS DA CASA EN FAMILIA, E AGORA QUE?

QUERIDAS FAMILIAS,QUERIDOS NENOS E NENAS...

Xa sabemos que a partir do domingo 27 os nenos e nenas menores de 14 anos poderán sair á rúa acompañados polos seus pais ou nais pero a incertidumbre e inquedanza seguen con nós.

Déixovos un artigo moi interesanste de UNICEF sobre isto, pinchade na imaxe e lede con tranquilidade ao mellor pode responder a algunha das vosas preocupacións.





A MICRORREDE QUEDA NA CASA .(

Como sabedes, a Microrrede da Mariña, está formada por as diferentes bibliotecas escolares da mariña que forman parte do PLAMBE. Dende hai uns anos víñamos reuiníndonos para organizar unha exposición conxunta na semana das Letras Galegas cuxo obxetivo era fomentar o valor das bibliotecas escolares na comunidade educativa.

Estas exposicións facíanse baixo o lema das bibliotecas escolares que cada ano é diferente. 

Por desgraza e debido a esta situación, non podemos celebrar a 9ª edición da exposición da Microrrede da Mariña cuxo tema era "Cidadá(n)s da Mariña, cidadá(n)s do mundo" durante a semana do 11 ao 14 de maio, en relación ao tema proposto polas bibliotecas escolares "Biblioteca Escolar, Viveiro de cidadanía".

Por iso, queremos mandarvos unha mensaxe de parte de todas as integrantes da Microrrede, este pequeno video en forma de ánimo, o vindeiro curso seguiremos aquí.

ESTADE ATENTOS/AS QUE GALDIÑO SAE NO VIDEO...

A MICRORREDE # QUEDA NA CASA



23.4.20

FELIZ DÍA DO LIBRO :)

LER BEN É UN DOS MAIORES PRACERES QUE PODE PROPORCIONAR A SOIDADE.
(Harold Bloom)

Manuel Gago é o autor deste fermoso texto centrado nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente,paxaro o xabarín"

A imaxe deste paxaro, da costa de Portugal, chamado "chasco"(paxariño común tamén no noso país) é grazas á colaboración do profesor Harol Bloom.


E AQUÍ VOS DEIXAMOS A RECOPILACIÓN FEITA DAS VOSAS OPINIÓNS SOBRE

QUE TEN QUE TER UN LIBRO PARA QUE PODAS LELO?

Canción: "Nun libro" de Paco Nogueira

Que facemos co que lemos?
 

22.4.20

FELIZ DÍA DA TERRA: "SENTIRÉMONOS PRONTO"

Querido alumnado :)

Hoxe 22 de abril é o DÍA DA TERRA, e témoslle que dar os parabéns xa que  é o seu 50º aniversario.

Teño unha sopresa para todos e todas vós, a TERRA enviouvos unha CARTA, sí ESCOITADES ben, unha fermosa carta en formato VÍDEO; sabe que á rapazada do cole de Galdo encántalle os videos e escoitar esas fermosas voces e ver imaxes que levan á REFLEXIÓN.

ESCOITA, MIRA e SINTE a MENSAXE que che envía a TERRA ...




PROPOSTA DENDE BIBLIOTECA, DINAMIZACIÓN e VOZ NATURA:
  1. Respondédelle á TERRA a través do formato CARTA (se pinchas no enlace acederás á información para saber redactar unha carta). O alumnado de INFANTIL, poderá responder cunha frase ou unha mensaxe curta.
  2. FORMATO do traballo: se tedes cartulina A3 xenial, nunha metade facedes a carta, na outra, un debuxo para a TERRA, podedes utilizar calquera técnica. Se non tedes ese formato, nun folio ou cartulina blanca.
  3. Poñede o voso nome: FAMILIA de..... e o curso do voso fillo/a.
  4. FACEDE unha FOTO en horizontal, que se vexa ben de cerca o voso traballo.
  5. RECORDADE: o máis importante do traballo é a ESCRITA, coidada e sen faltas de ortografía.
  6. A entrega será ata o 15 de maio.
  7. CORREO: bibliogaldo16@gmail.com
Con tódolos traballos recopilados faremos un fermoso video adicado a vós FAMILIAS, porque se algo se caracteriza esta biblioteca é pola vosa PARTICIPACIÓN en tódalas actividades.

MIL GRAZAS...de corazón

Día Mundial de la Tierra


21.4.20

EXPERIMENTA: ACIDIFICAMOS?

Olaaaaa rapazas e rapaces :(


Acércase o día da TERRA, e eu quería darvos as grazas polo ENORME TRABALLO que fixestes durante este curso, aportando moita información e investigación ao noso proxecto "SOÑANDO MARES TRANSPARENTES".

Recordades cando vos presentamos o proxecto e vimos este video da ONU "Los océanos definen nuestro planeta"  (gran traballo do alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria xa que lle  puxeron o audio en galego.) Pareceunos moi significativo para vós, pola mensaxe que transmite, algo que nos parece vital para a vida do planeta: o coidado do Mar comeza en cada un.

MIRADE o video de novo....




Despois do visionado do video, o alumnado de 3º e 4º van facer un experimento na casa da ACIDIFICACIÓN DO MAR,  e preguntarédesvos, que significa esta palabra?

Se premedes nesta entrada do blogue O CATAVENTOS poderedes ver toda a información.

Invítovos á toda a comunidade a levar a cabo o experimento que propón a mestra Inés, é moi sinxelo e estou segura de que tedes todos os ingredientes na casa.

ANIMÁDEVOS E MANDADE OS VOSOS VIDEOS co voso nome e curso ao correo: bibliogaldo16@gmail.com




QUERES APRENDER E ENTENDER OS DIFERENTES TEXTOS QUE LES?

Ola :)

Xa sei que ás veces estamos confusos/as cando temos que escribir textos ou sinxelamente entendelos. Agora mesmo tedes ao voso alcance multitude de información e ás veces non sabemos como canalizala. 

A mestra Ermi fixo unhas entradas moi interesantes no seu blogue para traballar os diferentes textos, tanto na escrita,a escoita e a  competencia dixital, porque no cole , os vosos compañeiros/as fan moitos videostitoriais explicando algo, e queremos que vos sirva como recurso á hora de pescudar información.

Aquí tedes unha seleción de entradas para traballar a ESCRITA e a ESCOITA. Fixádevos nos enlaces para saber gravar un AUDIO, porque para os RETOS DA BIBLIOTECA son moi necesarios.

UN BICO GRANDE RAPAZADA, penso moito en vós :)



TEXTO EXPLICATIVO

VIDEOS PARA EXPLICAR APRENDIZAXES


DO TEXTO AO AUDIO

VIDEO E AUDIO, HISTORIA EN 10MINU

IMAXES E COLLAGE

CARTA

18.4.20

QUERES GAÑAR UN EXEMPLAR DUN LIBRO PRECIOSO?

OLA RAPAZADA:)

Botádelle unha ollada a este concurso marabilloso da editorial Zahorí Books,é moi sinxelo o que tedes que facer para gañar un exemplar dun dos seus libros.

                                     

So tedes que  pinchar na entrada do Blogue de 2º para seguir os pasos.

MOITA SORTE E PARTICIPADE, Galdiño xa ten o libro na biblioteca, supernecesrio para as vosas investigacións do PDI SOÑANDO MARES TRANSPARENTES.

Apertas virtuais :)

16.4.20

VIDEOCONTO

Ola coleguis :)

Aquí vos deixo un conto moi bonito da editorial Blackie Little da autora e ilustradora Marta Altés cuxo título é "CINCO MINUTIÑOS MÁIS ".

O conto foi traballado pola mestra INÉS e contado polo seu fillo Antón.

Escoitadeo con tranquilidade e logo facede a proposta de traballo:)




PROPOSTA DE TRABALLO :


INFANTIL.
1.  Escoitamos o conto.
2.  Gravación dun audio ou dun vídeo dicindo:
 Que foi o que máis lles gustou.
 Se eles ou elas tamén lle piden aos seus pais “Cinco minutiños máis”.
 Cal é a actividade que máis lle gusta facer con algún maior da súa familia.
3. Facer un debuxo  sobre o conto.

PRIMARIA
1.Escoitamos o conto.
2.Mandar un audio, un vídeo ou facer un escrito onde aparezan as seguintes cuestións:
 Que foi o que máis che gustou?
 Cantas actividades distintas saen facendo os raposos?
 Cales son as palabras que aparecen escritas?
Ti tamén lles pides ao teu pai ou á túa nai “Cinco minutiños máis”.
Cal é a actividade que máis che gusta facer con algún maior da súa familia?

Para 3º e 4º, ademáis das cuestións anteriores, añadimos esta:

3.Elixe 5 das palabras que aparecen escritas no vídeo e fai unha oración con cada unha delas.


Se queredes,eviade o video ou audio a :
bibliogaldo16@gmail.com



#Retoportadasdelibros

OLAAAAA :)

A  nosa compañeira Cintia, no seu blogue de 2º propón o seguinte reto:


RECREAR AS PORTADAS DOS LIBROS QUE MÁIS VOS GUSTAN E SACAR UNHA FOTO.

Vós seredes os protagonistas deses contos buscando a vestimenta máis parecida posible, da igual que sexa un animal ou unha persoa.
Tes que enviar unha foto da portada do libro e a túa imitación ao correo: bibliogaldo16@gmail.com


VEÑA, ANIMÁDEMOS PORQUE NOS PODEMOS RIR MOITO TODOS E TODAS XUNTOS!

MIRADE, XA CHEGARON ALGUNHAS PORTADAS :)



14.4.20

NOVO ENLACE DE INTERESE

ATENCIÓN RAPAZADA !

Temos novidades no noso blogue, se queredes estar ao día nas NOVIDADES LECTORAS tedes un enlace na columna da dereita ( ENLACES DE INTERÉS) que vos leva directamente ao blogue de Rede LECTURA, blogue feito pola Asesoría das Bibliotecas Escolares.

Botádelle unha ollada porque ten unhas propostas de libros para facer unhas receitas espectaculares, algún libro xa o temos na biblioteca outros non!

ASÍ QUE, SE QUEREDES FACER ESTA ACTIVIDADE PROPOSTA NO BLOGUE DE ESCOITA, MIRA E COMPRENDE , XA SABES QUE LIBROS PODES CONSULTAR.

A COCIÑAR! 

Se vos apetece mandade un video cociñando algunha receita á seguinte direción de correo: biblogaldo16@gmail.com publicaremos estes videos para compartir co resto do alumnado. O alumnado de 2ºEP xa fixo algunha receita, mirade neste enlace como cociñan: biscoitos, croquetas, pan, pizza..

#ficanacasa #quedanacasa #quedaencasa 

13.4.20

ATENCIÓN: NOVIDADES NO NOSO CANAL DE YOUTUBE

OLA RAPAZADA:)

Estes días estivemos recolocando o noso canal de youtube, agora se ides a LISTAS DE REPRODUCIÓN veredes que aparecen TEMAS NOVOS. Son todos os vosos traballos organizados por temas, como o noso proxecto de biblioteca PDI SOÑANDO MARES TRANSPARENTES, o CLUB DE CIENCIAS, VOZ NATURA...etc, 

Aquí vos deixo os enlaces directos para que vaiades vendo os videos, que agora temos moooito tempo e así podedes ver aos vosos compañeiros.

Ata pronto :)

PARA BÚSQUEDAS POSTERIORES, TEDES O ENLACE DIRECTO AO CANAL NA COLUMNA DA DEREITA QUE PON ATENCIÓN!



 PDI SOÑANDO MARES TRASPARENTES

CLUB DE CIENCIAS

VOZ NATURA

MES DA CIENCIA EN GALEGO

ENTROIDO

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


VIDEO DO ENTROIDO

OLA RAPAZADA :)

Aquí sigo soiño...


Teño un agasallo para vós, este fermoso VIDEO do marabilloso traballo que fixestes durante o ENTROIDO.

ESPERO QUE VOS GUSTE TANTO COMA MIN...e mentras tanto #quedanacasa




NOVOS EXPERIMENTOS DO ALUMNADO DE INFANTIL E 1º E.P


MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

            Durante o mes de novembro celebramos no centro o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Nesta actividade traballamos conxuntamente o grupo de Biblioteca, Voz Natura, Club de ciencias, Meteoescolas e Dinamización da lingua galega. Dunha ou doutra maneira abránguenos a todos e todas, polo que é unha actividade que conta coa participación de todo o centro.
           
            Levamos a cabo 4 experimentos neste mes. Dous deles estaban relacionados intimamente coa terra, a parte de Voz Natura  que ten aos pequenos do centro máis enganchados.

 Nun, no que colaboraron nenos e nenas de infantil e primaria, seguimos todo o proceso dunha xudía, dende que se recolle a semente ata que regresa de novo como pranta ao invernadoiro. Neste proceso puideron observar como non fai falla terra para que unha semente agrome, ou que se cae enriba da terra tamén o fará, non necesitará estar enterrada.

            O segundo experimento foi a continuación dun xa iniciado o ano anterior. Fixemos un composteiro no que metemos distintas materias, entre elas varios tapóns de plástico de botellas. O alumnado puido comprobar que o plástico non se descompón, razón pola que non debemos tiralo na Natureza, senón no  colector corrrespodente.

            Os outros experimentos estaban xa moi relacionados co proxecto deste ano: Soñando Mares Transparentes. Nun deles descubriron de onde saía o sal e que pasa coas pequenas partículas de plástico que hai flotando na auga. 
Credes que debemos seguir usando a purpurina?

            No outro, o alumnado de 5 anos aprendeu a relación entre flotabilidade e a auga salgada e a doce. Foi todo un descubremento!

NO SEGUINTE ENLACE, PODEREDES VER ESTES EXPERIMENTOS.



9.4.20

CHEGOU O PAPAGAIO

O PAPAGAIO ESTÁ AQUÍ.....


Aquí tedes o PAPAGAIO, xa que non o podedes ler en formato de papel, Galdiño pideuno en formato dixital para que o poidades ler tranquilamente. 

Estade atentos/as porque ainda quedan as edicións de maio, xuño e o especial de verán.

A LER O XORNAL!!








FAME DE PALABRAS

Ola de novo rapazada :)

Apetécevos participar nun concurso??? 

Eu ben sei que neste cole hai moitas/os POETAS, puidémolo comprobar neses recreos de POESÍA que tivemos no mes de febreiro e parte de marzo, mágoa que non puidemos celebrar o noso FESTIVAL DE POESÍA o 18 de marzo. 

Tamén coas nosas poetas de 4ºE.P que abriron o acto de #errantespolomundo tendo como madriña a ROSALÍA DE CASTRO e como padriño a MANUEL MARÍA, que maravilla de recitados...

Non pasa nada, eu ben sei que nas vosas casas tamén ledes poesía, no blogue de 2ºE.P. hai colgados moitos videos, recitando dende as diferentes casas,mirade...

Dende GÁLIX ( asociación do libro Infantil e Xuvenil) propoñen participar dende a casa nun concurso: 


Se pinchades no enlace, podedes ver as bases, é moi sinxelo, os que xa o fixestes podedes aproveitar ese recitado e envialo.
Tédelo que gravar en audio e envialo :)

VAMOS POESTASSS !

8.4.20

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

OLA RAPAZADA :)

Canto tempo sen saber nada de vós, bueno, algo sei porque ando a mirar eses blogues marabillosos das vosas mestras e vexo que seguides moi activos/as dende as vosas casiñas..bótovos moitísimo  de menos...

Estou soiño na biblioteca e quería propoñervos unha actividade que creo que vos vai gustar.

Como sabedes o 2 de ABRIL foi O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. A sección pratocinadora este ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina ilustrada por Damijan Stepancic: FAME DE PALABRAS






O VINDEIRO 23 DE ABRIL será O DÍA DO LIBRO e GALDIÑO QUERE SABER SE LES NA CASA :)

Sabe que é moi importante ler...ler calquer tipo de tamática, dende libros de receitas, poesía, banda deseñada, aventuras...en galego, en castelán, en inglés...e agora temos mooito tempo para isto.

A súa proposta é que respondades a esta pregunta:


QUE TEN QUE TER UN LIBRO PARA QUE TEÑAS GANAS DE LELO?


  1. Pensa ben a túa resposta
  2. Escribe,redacta ordenadamente a túa resposta (xa sabes que escribir axuda a pensar mellor)
  3. GRAVA EN AUDIO A TÚA OPINIÓN ( entrada do blogue ESCOITA,MIRA E COMPRENDE)
  4. Envía o teu audio a esta dirección: ermiclase@gmail.com
Cos audios que cheguen farase un Podcast: un arquivo de audio para publicar incluindo todas as opinións. 

CONSELLOS: exprésate e explica ben a túa opinión. Grava ben,que se entenda claramente.

XA SABEDES,
 EN ABRIL ,LECTURAS MIL!