Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIO CREATIVA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIO CREATIVA. Amosar todas as publicacións

1.5.19

VIDEOPOEMAS

O mes de marzo estivo cargado de actividades para celebrar o #21Mdíadapoesía, así que, podedes disfrutar do RECITADO do alumnado de 6ºEP neste fermoso VIDEOPOEMA editado pola mestra Inés.

Quixemos recoller estes recitados nun video, xa que, previamente o alumnado foi RECITAR POESÍA na HORA DE LER ao resto do cole.
Os poemas son dos autores: FRAN ALONSO, ANTONIO GARCÍA TEIXEIRO, XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR, CELSO EMILIO FERREIRO.

PARABÉNS RAPAZADA, da gusto escoitarvos!

Que fermoso é ler poesía! #porfavorlepoesía





























25.4.19

BIBLIO CREATIVA FACEMOS PAPEL RECICLADO 1º

OLA :)
Que aconteceu no CLUB DE CIENCIAS no segundo trimestre?

Despois de que o alumnado de 1º de primaria, recibira unha carta de Galdiño (explicando a súa preocupación polo coidado dos montes, das árbores, do papel) e un libro da nosa biblioteca titulado "SEMENTES DE PAPEL" da editorial BAHÍA EDICIÓNS, os nenos e nenas quedaron moi preocupados, así que, investigaron cómo podían facer papel reciclado. 

E vaia se o fixeron! mirade que VIDEO-TITORIAL máis chulo! só vos tedes que animar a poñelo en práctica.

PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES!