6.11.12

Os contacontos chegaron a Galdo

Foi moi divertido. Falaban dos pais de Artur e de Morgana e saían con caretas, lanzas...etc. A historia contaba o trato que Merlín fixo co rei para cando tivera fillos. Merlín educou a Artur para que fose digno de ser rei. Morgana era curandeira e tiña unha cesta con cousas para curar as feridas de todos.

Grazas as mazás da inmortalidade o rei Artur, Morgana e Merlín están vivos desde... hai 1.500 anos!

Furaventos chegou á praia sin saber que estaba en Avalon, a illa onde vivivían Merlín, Morgana e o rei Artur desde hai mil cincocentos anos, grazas á mazás da inmortalidade que eran as máis fermosas do mundo. Alí atopouse con Merlín e tamén veu a Artur sacando unha espada dunha pedra. Logo atopou a Morgana que era irmán de Artur. Esta era feiticeira e sabía moitas cousas. Nunca lle faltaba da súa botica: auga do mar , allo, tea de araña, cebola, ourego, clara de ovo, estruga ou ortiga e menta.
ANDREA ( 3º )

3.10.12

Este mes de outubro comezaremos cos préstamos na BIBLIOTECA

A partir do día 1 de outubro comezará a funcionar o servizo de préstamos na BIBLIOTECA do colexio.

28.4.12

"Abril, libros mil "

"Abril, libros mil", dixo Paula , a de cuarto, cando estaba a facer un traballo para o mural sobre o Día do Libro.
E algúns compañeiros e compañeiras fixeron seu este novo "refrán" e rotularon esta frase nos seus traballos.
Tamén catro alumnos de sexto curso deseñaron candaseu cartel para o mural da Biblioteca.
Así que a nosa Biblioteca  loce na súa parede  unha chea de traballos: "23 de abril, Día do Libro", "Poesía e pintura/ Poem and paint", "Rosalía", "Consello de avoas"...

4.2.12

Un libro que me gustou

A min este conto gustoume moito, mesmo a parte na que o bisavó quere ir ao océano...pero o vento non lle deixa navegar. Daquela levántase moito vento e a barquiña empeza a dar voltas e voltas.
Gustoume o estilo co que está escrito.
DAVID BALSA

Novos libros

O noso expositor está cheo de libros novos.
Títulos coma Yared e a reciclaxe, Kofu e o tempo libre, Os dragóns do arco da vella, O carameliño sen cor e sen sabor, Os xemelgos, O zapateiro máxico, Kofu e o medo... E moitos máis agárdanos agora nos andeis da nosa Biblioteca sempre aberta.

1.2.12

O DÍA DA PAZ

Onte celebramos no noso colexio o DÍA  DA PAZ. O acto tivo lugar no patio do alumnado de Educación Infantil. Participamos todos os nenos e nenas do centro acompaañados polo profesorado. Houbo actuacións musicais e lectura de textos e poemas.
O máis novedoso foi unha solta de pombas que fixemos no intermedio do acto. Isto foi posible grazas á colaboración de Felipe, un rapaz veciño de Galdo, que trouxo cinco pmbas nunha gaiola. Foi moi fermoso ver como as pombas, nada máis se viron libres, votaron a voar. Despois dunhas voltas para se orientar desaparteceron da nosa vista.
E así este ano o noso colexio conmemorou este DÍA DA PAZ.