A min este conto gustoume moito, mesmo a parte na que o bisavó quere ir ao océano...pero o vento non lle deixa navegar. Daquela levántase moito vento e a barquiña empeza a dar voltas e voltas.
Gustoume o estilo co que está escrito.
DAVID BALSA
4.2.12
Novos libros
O noso expositor está cheo de libros novos.
Títulos coma Yared e a reciclaxe, Kofu e o tempo libre, Os dragóns do arco da vella, O carameliño sen cor e sen sabor, Os xemelgos, O zapateiro máxico, Kofu e o medo... E moitos máis agárdanos agora nos andeis da nosa Biblioteca sempre aberta.

1.2.12
O DÍA DA PAZ
Onte celebramos no noso colexio o DÍA DA PAZ. O acto tivo lugar no patio do alumnado de Educación Infantil. Participamos todos os nenos e nenas do centro acompaañados polo profesorado. Houbo actuacións musicais e lectura de textos e poemas.
O máis novedoso foi unha solta de pombas que fixemos no intermedio do acto. Isto foi posible grazas á colaboración de Felipe, un rapaz veciño de Galdo, que trouxo cinco pmbas nunha gaiola. Foi moi fermoso ver como as pombas, nada máis se viron libres, votaron a voar. Despois dunhas voltas para se orientar desaparteceron da nosa vista.
E así este ano o noso colexio conmemorou este DÍA DA PAZ.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)