30.5.18

"ESPERTANDO O MAIO"

Onte día 28 de maio, o noso colexio, xunto cos colexios viveirenses como o EEI San Roque, CEIP Celeiro, CEIP Plurilingüe de Covas desfilamos polas rúas de Viveiro para celebrar "Os Maios" froito dun proxecto común "Espertando o maio" dentro do programa de Voz Natura.
Despois do pasarrúas, concentrámonos na praza Pastor Díaz para cantar a canción popular "O Maio".
Durante os días 28, 29, 30 e 31 deste mes, poderase gozar, no baixo da Biblioteca Municipal, dunha exposición sobre os traballos realizados polos nenos e nenas dos diferentes colexios coa tradición dos Maios. O horario será de 17:00 a 19:00 horas.



Premendo na imaxe poderedes acceder a un vídeo e a unha noticia do día de onte publicado nun xornal.




29.5.18

IRMANDADE CON ESCARABOTE!

Ola compañeiros e compañeiras de Escarabote :)

Estamos ansiosas e ansiosos de vervos o venres!! non podemos cos nervios..mi madriña!! despois de dous anos sen vernos as caras temos ganas de compartir un día de convivencia tod@s xuntos,así que para ir abrindo boca,fixemos un video para presentarnos de novo.

VÉMONOS O VENRES EN ESCARABOTE!!!

APERTAS E BICAZOSSSSSS...



PREPARÁNDONOS PARA OS MAIOS!


O venres pasado, participamos nun obradoiro sobre os Maios. Membros da Asociación Campo de Urraca acercáronse ao centro a explicarnos a súa orixe, en qué consisten e cómo preparalos.

Moitas grazas!







E ao día seguinte saímos no xornal!


26.5.18

NOVAS ENTRADAS E CONCURSO VÍDEO DE VOZ NATURA

Xa temos novas entradas no blogue de Voz Natura!

E moi importante! Xa está aberto o concurso de vídeos de Voz Natura. Este é o noso! Esperamos que vos guste!

https://pr.easypromosapp.com/voteme/824821/630299574?ep1=ws


7ª CONVOCATORIA DA MICRORREDE DOS CETROS PLAMBE DA MARIÑA

De novo outra convocatoria da Microrrede dos Centros Plambe da Mariña. Este ano a temática foi "A Mariña en faminino".
No seguinte cartel poderedes ver os centros que participaron así como a programación das actividades.



No noso colexio traballamos o tema "Voces en feminino". Para iso o alumnado, xunto coas familias, elaboraron unha carcasa de CD nas que representaban cancións das cantantes Sofía Espiñeira e Guadi Galego. Tamén houbo quen se animou a realizar un videoclip de algunha das cancións!


Durante estos días, tamén poderedes gozar dela na entrada do colexio!


Por último comentar que, no seguinte enlace, poderedes ver fotografías e vídeos de todas as actividades que se realizaron durante os días 7,8,9 e 10 en Viveiro.






17.5.18

VISITA DAS PANDERETEIRAS "OS DO 21"



Que mellor maneira de celebrar as Letras Galegas que recibindo a visita das pandereteir@s da Asociación OS DO 21!! Coa axuda do seu acordeón e as súas pandeiretas, cantáronnos varias cancións tradicionais galegas. No facebook do colexio contades con vídeos sobre a actuación. Os nenos, nenas e maiores pasámolo xenial e cantamos algunha canción que coñeciamos moi ben como foi "A saia de Carolina".


16.5.18

PROGRAMA DE FROITA NA ESCOLA

Hoxe remata o período de reparto de froita na escola como alternativa saludable para o recreo. Foron dúas semanas nas que tomamos mazá, fresas, albaricoques, laranxas...





Viveiro Surf Escola

Esta semana, a clase de EF foi diferente. Aprendemos sobre surf como deporte de tempo libre e como opción na escola, da man de Viveiro Surf Escola.



AS NOSAS LETRAS 2018


A LINGUA GALEGA está de celebración!!! Mañá celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano está adicado a unha escritora con alma galega chamada Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ. É autora de moitos libros xa coñecidos para nós cos que contamos na nosa biblioteca escolar: "Leonardo e os fontaneiros", "Mar adiante","Eu conto, ti cantas...", "A festa no faiado"...



No colexio non paramos de traballar e os nenos e nenas esforzáronse moito e fixeron traballos marabillosos para conmemorar este día tan especial para os galegos.





Os nen@s de Infantil prepararon un mural precioso para a exposición da entrada; os nen@s de 1º e 2º de Primaria fixeron un libro e un mural sobre a vida e obra de Mª Victoria Moreno; os rapaces e as rapazas de 3º e 4º elaboraron carteis anunciadores das Letras Galegas 2018 que colgamos polo colexio; e os alumnos e alumnas máis maiores do colexio, os de 5º e 6º de Primaria, están a preparar un programa especial da nosa radio escolar que moi pronto poderemos escoitar en RadioGaldo. Estade atentos!!! Polo de agora deixamos unhas fotos e un vídeo cos traballos elaborados, esperamos que vos guste!!