Onte día 28 de maio, o noso colexio, xunto cos colexios viveirenses como o EEI San Roque, CEIP Celeiro, CEIP Plurilingüe de Covas desfilamos polas rúas de Viveiro para celebrar "Os Maios" froito dun proxecto común "Espertando o maio" dentro do programa de Voz Natura.
Despois do pasarrúas, concentrámonos na praza Pastor Díaz para cantar a canción popular "O Maio".
Durante os días 28, 29, 30 e 31 deste mes, poderase gozar, no baixo da Biblioteca Municipal, dunha exposición sobre os traballos realizados polos nenos e nenas dos diferentes colexios coa tradición dos Maios. O horario será de 17:00 a 19:00 horas.
Premendo na imaxe poderedes acceder a un vídeo e a unha noticia do día de onte publicado nun xornal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario