1.6.18

XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE DIVERSOS DEPORTES :)

Durante o mes de maio, tivemos moitas charlas informativas sobre diferentes deportes, sobre todo acuáticos, e cómo nos gustan!...vivimos nun pobo onde hai MAR así que, que menos que aprender cousiñas sobre o SURF  e  o PIRAGÜISMO.

  • SURF
O pasado 14 de maio, tivemos a visita de Uxío e Seo de  VIVEIRO SURF ESCOLA.  Uxío foi alumno deste centro e agora, xunto con Seo, comezaron este proxecto  fai dous anos. O alumnado de Galdo foi un dos primeiros en ir probar esta modalidade acuática que tanto nos gusta, ademáis, temos moito alumnado de 4º e 5º curso que practica surf con esta escola.

Seo explicounos os diferentes tipos de tablas e as súas partes, tamén os tipos de traxes que hai para practicar dito deporte, non temos excusas... existen traxes para o frío..jajajajaj. Despois, Uxío, púxonos uns videos para entender cómo é este deporte.. a verdade que quedamos abraiados...


                     La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie e interior    La imagen puede contener: una o varias personas e interior   La imagen puede contener: 2 personas, interior

Agora, en breves, iremos practicar SURF grazas a ANPA do cole, xa vos contaremos como nos foi..

MOITAS GRAZAS A SEO E UXI POR VIR SEMPRE!


  • CHARLA INFORMATIVA SOBRE PIRAGÜISMO
Dende a Federaión galega de piragüismo de Lugo, Rodrigo, monitor da escola de Piragüismo de Viveiro, veunos dar unha charla sobre dito deporte. Ao alumnado encantoulle, cantas cousas aprendimos!. Ademáis,un viveirense como CRISTIAN TORO (que entrenaba nestas instalacións) gañou unha medalla de ouro olímpica!! que maior motivación para probalo.

Grazas por dita charla, agora quédanos poñer en práctica este deporte.



                                                          

  • CLUB DEPORTIVO LUGO

O xoves 31 de maio, no recreo do comedor, viñeron ao cole varios xogadores do CD LUGO. Despois dunha charla moi interesante, os/as rapaces/as fixéronlles moitas preguntas... e sairon supercontentos! Regaláronnos unha camiseta moi chula, entradas para ver o partido do sábado e realizaron unha sesión de firmas!! .

GRAZASSS!



                                                                   




Ningún comentario:

Publicar un comentario