1.6.18

VISITA A UN SUPERMERCADO

Un curso máis voltamos a realizar a actividade do EROSKI CENTER. O alumnado de 5º e 6º participou en diferentes actividades propostas.  Eva foi a encargada de guiarnos. Despois dunha charla moi interesante no centro sobre a nutrición e alimentación, fumos ao super a coñecer as diferentes seccións : Froita e verduras, onde os nenos e nenas de 5º tiveron que facer unha compra para elaborar un almorzo saudable; a panadería, a carnicería ( onde nos enseñaron  a vestimenta e utensilios necesarios para traballar nesta sección);peixaría,lácteos e aseo persoal.

Tiveron que poñer en marcha os seus coñecementos matemáticos, xa que cada alumn@, nunha libretiña, tiña que calcular ofertas de diferentes artículos de droguería. Tamén, manexar cartos e calcular o valor da súa compra.

O alumnado de 6º, fixo unha degustación de diferentes froitas,cos ollos pechados,que delicia probar novos sabores!

Ao rematar a actividade, agasalláronnos cunha bolsiña chea de froita,auga e galletas.
MOITAS GRAZAS A TODO O PERSOAL DO SUPERMERCADO.




Ningún comentario:

Publicar un comentario