LECTURA E FAMILIAS

Estimadas familias, se queredes pasar un bo momento cos vosos/as fillos/as este é o voso sitio !

Despois de escoitar as vosas inquedanzas , imos ofertar unha serie de obradoiros onde poderedes gozar, aprender, dialogar e participar nesta aventura da LECTURA... lectura de diferente tipoloxía de textos e sempre acompañada de libros :) 

 

 6. OBRADOIRO DE DISCIPLINA POSITIVA E USO CORRECTO DAS PANTALLAS, IMPARTIDO POR MARIÁN COBELAS.

IMPARTIRASE NO MES DE SETEMBRO: VENRES 23 DISCIPLINA POSITIVA e VENRES 30 DE SETEMBRO de USO CORRECTO DE PANTALLAS.

HORARIO: 17:00H. a 19:00h.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

5. OBRADOIRO " CONTAR CONTOS NO S.XXI " a cargo de PAULA CARBALLEIRA.

 RECORDATORIO: O OBRADOIRO DE PAULA CARBALLEIRA COAS FAMILIAS SERÁ NO MES DE OUTUBRO DO VINDEIRO CURSO.

 

O venres día 3 de Xuño temos unha visita moooi especial no cole, a escritora, actriz e narradora oral dende 1984.

 

Pola mañá, haberá unha sesión CONTACONTOS para o alumnado do centro e xa á tardiña faremos un obradoiro para as FAMILIAS (esta vez sen nenos/as). 

 Se queredes pasar unha tarde diferente e aprender a contar historias, o venres día 3 de xuño ás 16:15h faremos un obradoiro con PAULA CARBALLEIRA.

Anotádevos no seguinte correo:

bibliogaldo16@gmail.com

 

4. OBRADOIRO: CO-creación


"COCIÑANDO RECEITAS DE CAMBIO"

 INGREDIENTES:

  • CREATIVIDADE
  • HÁBITOS SAUDABLES
  • TEMPO EN FAMILIA
  • TALENTO COLECTIVO
  • USO DA BIBLIO COMO RECURSO
  • FOMENTO DA LECTURA

 

 ANIMÁDEVOS a participar neste obradoiro de CO-creación con Lucas Requejo, atoparedes novas ideas para levar a cabo merendas saudables.

 

HORARIO: MÉRCORES 18 de maio, de 16:30h.-18:00h.

Enviade un mail a bibliogaldo16@gmail.com

 

3. SEMANA DO LIBRO

Gustaríache participar na actividade:

 AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN?

Trátase de preparar un conto e vir lelo ao cole. A escolla de libros será feita polo equipo de bibloteca.

Se estás interesada nesta actividade envíanos un correo a bibliogaldo16@gmail.com , levarase a cabo en horario lectivo.

Animádevos!

 

2. OBRADOIRO " XOGANDO NO COLE COAS FAMILIAS "

 

Este obradoiro será impartido por Iria, educadora social e monitora de tempo libre. Propietaria da tenda de xoguetes, XOGANDO NAS NUBES. 

Se queres pasar unha tarde divertida, saber que son os xogos de mesa, os diferentes tipos que hai, o seu papel no desenvolvento das habilidades, como ler e interpretar os regulamentos dos xogos, os xogos de mesa para o desenvolvemento da lectura e unha demostración dos mesmos...é o teu sitio ;)

 Apúntate canto antes no correo: bibliogaldo16@gmail.com indicando o nome da túa nena/o, curso e os acopañantes.

Último día: martes 26 de abril. 

 RESUMO DA XORNADA FAMILIAR

 


 


1. OBRADOIRO " VIVE A BIBLIO EN FAMILIA"


Este obradoiro foi impartido por Damián Alonso, de  Solovoz.
 
Pasamos unha tarde moi divertida, xa que ao mesmo tempo que faciamos exercicios de lectura dramatizada en voz alta, aprendemos a contar historias.
Aquí deixamos algunhas fotos :)
 
 
 

 

 

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario