17.3.21

#8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


 OLA RAPAZADA :)

GALDIÑO está supercontento ! A exposición realizada o #8M MULLERES ABRINDO "CAMIÑO"  tivo un éxito rotundo. 

Sabe que o traballo de pescuda da información foi frutuoso, xa que, grazas a vós, ás vosas aportacións e traballos, puidemos saber que é unha PERCEBEIRA, unha CAPITÁ de pesca e unha ENXEÑEIRA NAVAL. Todas estas mulleres son da nosa zona, concretamente de Viveiro e Xove.

O alumando de  4º, 5º e 6º preparou unha entrevista a cada unha e o resto dos cursos fixeron a parte da investigación da propia profesión.

Este foi o reparto :

  1. ENTREVISTA a ANA MEITÍN,PERCEBEIRA, feita polo alumnado de 4º de E.P. O alumnado de 3 aniños fixo a parte plástica, os percebes e traballaron a súa fotografía. O alumnado de 1º investigaron sobre a súa profesión, aparellos, etc.
  2. ENTREVISTA a LUCÍA FERNÁNDEZ CAO, ENXEÑEIRA NAVAL, feita polo alumnado de 5º de E.P . O alumnado de 5 anos fixo a parte plástica e investigaron sobre a súa profesión, centrados sobre todo nas pezas que fai Lucía, que son engranaxes e hélices. O alumnado de 3º E.P realizaron uns preciosos bosquexos de barcos feitos a carboncillo.
  3. ENTREVISTA a ARANTXA TORIZA, CAPITÁ de pesca. Foi o curso de 6ºE.P quen lle realizou a entrevista, e o alumnado de 2ºE.P investigou sobre a súa profesión. Os máis pequenos, o alumando de 4 anos, fixo un TEMÓN e traballou a súa fotografía.

Tivemos a sorte de que viñeran ao centro e coñecelas en persoa.


 o EQUIPO DE BIBLIOTECA fixo un genially para poder pescudar sobre estas mulleres e outras que nos abriron camiño a TODAS NÓS.

 

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO para que toda a comunidade educativa poidades desfrutar desta exposición. Canto nos tarda que podades vir en persoa ao centro.