Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca Municipal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca Municipal. Amosar todas as publicacións

4.12.18

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro, como todos os anos, festexamos o día da discapacidade dun xeito moi especial. 
Este ano tivemos a gran sorte de contar co grupo "EU SON BAND", de Burela, os cales nos emocionaron coa súa música. 


https://f4.bcbits.com/img/a0863926643_10.jpg


Todas e todos desfrutamos moito desta música.





























Moitas gracias a este grupo por vir ao noso colexio e facernos sentir tan ben ao escoitalos. 









4.6.18

PREMIOS DO CERTAME DE DEBUXO E NARRACIÓNS DAS LETRAS GALEGAS 2018

O sábado, 2 de xuño, a concelleira de cultura, Lara Fernández Noriega,  entregou o premio do certame de narracións das letras a dous dos nosos alumnos de 5º curso: LUCÍA GACIO E IAGO VIEIRA RIVAS.
As narracións consistían e darlle un final diferente aos contos tradicionais; Lucía escribiu a historia sobre BRANCANEVES, non era a que todos e todas pensabamos era un pouco retorcida...e Iago fixo a historia de HANSEL e GRETEL,
os cales, atoparon uns cartiños no bosque e decidiron comprar unhas entradas para ir ao Resurretion..jajaja...

PARABÉNS RAPACES!!

RECORDADE QUE A LECTURA É O MELLOR PODER QUE PODEDES TER!


                                                                                               

6.6.14

CONCURSO LETRAS GALEGAS. BIBLIOTECA MUNICIPAL.

Onte, ás 17:00h  tivo lugar a entrega de premios do Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2014 da Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro.


 Na entrega dos premios estiveron a alcaldesa María Loureiro e a Concelleira de Cultura Covadonga Viamonte.

Entre os gañadores, catro alumnos de 4º curso do noso colexio:
Izan Fra
Pablo Dablanca
Andrea Dovale
Brianda Insua

Noraboa polas vosas narracións e polos vosos debuxos!
O mellor agasallo: un libro! Para seguir lendo, ilustrando, disfrutando e "cociñando contos".