1.5.19

NOVIDADES LECTORAS NA NOSA BIBLIO

OLA RAPAZADA!

Esta semana Galdiño recibiu unha carta pedindo libros novos xa que o alumnado do CLUB DE CIENCIAS anda facendo diversos experimentos, investigacións e necesitaban libros de consulta.
Pois aquí están, VAIA CHULADA DE LIBROS! xa tedes nos diferentes expositores todas as novidades:

  1. LIBROS PARA A BIBLIO INCLUSIVA.
  2. LIBROS DE NARRATIVA.
  3. LIBROS para seguir mellorando as nosas competencias STEAM.
  4. NOVIDADES MUSICAIS.
  5. NOVIDADES POÉTICAS.
  6. NOVIDADES DE BANDA DESEÑADA
 

             

VIDEOPOEMAS

O mes de marzo estivo cargado de actividades para celebrar o #21Mdíadapoesía, así que, podedes disfrutar do RECITADO do alumnado de 6ºEP neste fermoso VIDEOPOEMA editado pola mestra Inés.

Quixemos recoller estes recitados nun video, xa que, previamente o alumnado foi RECITAR POESÍA na HORA DE LER ao resto do cole.
Os poemas son dos autores: FRAN ALONSO, ANTONIO GARCÍA TEIXEIRO, XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR, CELSO EMILIO FERREIRO.

PARABÉNS RAPAZADA, da gusto escoitarvos!

Que fermoso é ler poesía! #porfavorlepoesía