29.1.10

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ

Quen envía algún texto
sobre o DÍA DA PAZ ?


18.1.10

PREMIO LITERARIO


Paula Martinez Vila acadou un dos premios do concurso literario de poesías de Nadal convocado pola Biblioteca Municipal de Viveiro.
Agora o seu traballo pasa á fase provincial.
Parabéns, Paula e moita sorte.

14.1.10

Os Reis trouxéronnos moitos libros..


e deixáronnos algo de neve.
Si, este ano 2010, os Reis Magos chegaron a Galdo co agasallo que tendes no expositor, na entrada do colexio. Son novos libros para a nosa BIBLIOTECA que van estar uns días expostos. Supoñemos que serán ben recibidos por todo o alumnado.
Así que, adiante!. Abrídeos, botade unha ollada polas súas páxinas e lembrade os títulos dos que vos gustaría levar para a vosa casa.
Xa sabedes, o venres é o día que temos para visitar a BIBLIOTECA.
Alí vos agardan!