Dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización Lingüística do noso centro, propúxose un concurso de cartel anunciador das Letras Galegas 2013. Fixéronse unhas bases escritas a seguir para realizar un bosquexo e un bo cartel. O concurso tivo moito éxito no alumnado de 4º curso de EP.
Xa temos cartel gañador. Noraboa, Cristina González, de 4º curso.
Houbo varios carteis que nos gustaron moito posto que se axustaron ben ás bases escritas e foron moi claros na súa mensaxe.
A forma de representar a ROBERTO VIDAL BOLAÑO no cartel das Letras Galegas 2013 coincide en lembralo no centro do escenario teatral, co seu sombreiro e a súa nariz de pallaso.
Grazas a todos e todas polos vosos carteis!
Haberá máis concursos e máis bases escritas coas que iremos aprendendo a mellorar os nosos traballos, a facer planificación, bosquexos e a condensar significados en linguaxe visual misturando texto e imaxe. Esperamos que vos animedes a participar en novos concursos que se fagan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario