24.4.13

QUEREMOS DAR AS GRAZAS...


"Queremos agradecervos a todos os pais e nais, titores e titoras, que con esta actividade, ao igual que con moitas outras en múltiples ocasións, participastes tan activamente e con tanto interese, demostrando orixinalidade e creatividade, axudando a que a poesía neste caso, e en certa maneira tamén a escola fora máis aló das paredes do propio colexio, tanto, que chegou ás vosas casas, e converteuse nun momento máxico que poidestes compartir grandes e pequenos voltando esta primavera a nós en forma de andoriña.
Dende aquí, un GRAZAS moi merecido."

Así inaugurábamos xa hai case un mes, a exposición que se pode visitar na entrada do noso cole con todos os traballos que fixeron os nenos e nenas coa vosa axuda, a dos adultos.
Xa casi a rematar a exposición no cole, reiteramos as grazas pola vosa colaboración para esta actividade como en moitas outras nas que contamos con vós, e dicirvos que se fará unha exposición conxunta con outros centros nun local cedido polo Concello de Viveiro e posteriormente no de Cervo que poderedes visitar no vindeiro mes.
Gustaríanos tamén agradecer aos centros incluídos no PLAMBE ( Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), que nos ofreceran a oportunidade de formar parte desta actividade conxunta.





1 comentario:

  1. Grazas a vos compañeiros por fomentar esta actividade conxunta con outros centros. A verdade é que e moi interesante que tratedes de achegar este xénero literario que moitas veces está esquecido por moitos de nós.

    ResponderEliminar