24.11.14

SEN FOTOS! NECESITAMOS DA VOSA COLABORACIÓN!


Ola, a toda a Comunidade Educativa de Galdo!

Ainda que non houbera moita actividade neste blog últimamente, non quere dicir que non pasasen cousiñas do máis interesantes.
Durante este tempo estuvemos moi ocupados, con moitas actividades diferentes. Así é o primeiro trimestre ,de festa en festa e de actividade en actividade: Principio de curso e novidades, Samaín de medo, Recollida de castañas e Magosto…e un novembro despois de Defuntos cunha axenda do máis apretadiña. Moitos obradoiros e actividades diversas en relación aos Proxectos que traballamos no noso cole. Un ritmo frenético coa Radio, as Festas de Outono, posta en marcha do  invernadoiro e VozNatura, os Obradoiros do Eroski, ADEGA, o Teatro ,visita da artista mariñana Cristina Basanta polos Dereitos da Infancia, a viaxe  Comenius do alumnado de 6º a Morteu, a Francia…
 Case nos quedamos sen profesorado para poder atender a todo!

Fixemos moitísimas fotos que ilustrarían tan interesantes actividades. Aprendemos moito. O Día 20 de novembro foi moi especial. Pola mañá os obradoiros ADEGa e pola tarde a visita de Cristina Basanta e celebración dos Dereitos da Infancia. Día en que a cámara de fotos non parou de retratar cada momento e cada detalle. Pero…por un erro mistura de humano e tecnolóxico, perdímos todas esas fotos que axudarían a describir as actividades! Menudo disgusto!

Entón, facemos un chamamento. Ti, alumno ou alumna que participache nalgún dos Obradoiros, atrévete a ser xornalista! Conta e Ilustra!
Este tamén é un chamamento ás familias para animar aos seus fillos e fillas a colaborar.
E o chamamento exténdese a mestras e mestres que participaron da actividade. Poden ser de grande axuda!

Describindo as actividades das que participamos axudaranos a aprender moito escribindo e elixindo as imaxes que acompañarán os nosos escritos, os nosos artigos xornalísticos.

Que fixemos? A onde fumos? En que consistía a actividade? Se nos gustou, por que sí ou por que non?
Mais importante, xa que perdimos as fotos é ILUSTRAR! Ilustrar o momento cun debuxo, un comic, un croquis…

Necesitámolo! Necesitamos da vosa valiosísima colaboración con texto e imaxes.
Xa empezou Saúl de 3º, que nos aporta dous textos informativos:
Salida a las castañas e Salida al Teatro .Artigos que tivo que construir para Lengua Castelá e que quere compartir con nós.


Os textos informativos, se vos fixades, seguen unha estructura. Precísase respostar ás preguntas xornalísticas  Cando? Quen? Que? Onde?
Logo, é preciso acompañar o texto con boas imaxes moi relacionadas co que se conta. As imaxes son moi importantes, máis no noso caso, para aclarar o artigo de xeito visual.

De feito, o traballo  ata agora era, por medio das imaxes secuenciadas que rexistraba a cámara íase montando a explicación da actividade con palabras, frases e textos. Sen as fotos...a tarefa é máis dificil!

Agora que nos lanzamos ás ondas do Radio podemos informar en formato audio e non precisaríamos fotos...Pero, lembrade que a nosa Proposta non é só Radio, senon que precisamos de prensa escrita e de Audiovisual.

Vale...e como imos remediar o das fotos? Como creamos as imaxes? Que podemos facer?

Pois...exercicio de memoria e creatividade. Sabedes que nos encantan os vosos detallados debuxos. Pois facede debuxos recollendo esas actividades!
De que necesitamos imaxes ou debuxos? Dos obradoiros de ADEGA e da visita de Cristina Basanta. 
Fotos artesanais e moito que aprender durante o proceso! Ilustrar para poder comprender mellor!

A Editorial Como cho conto! do cole de Galdo precisa de ti como xornalista! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario