3.5.19

VIDEOPOEMA DO ALUMNADO DE 1ºEP

Seguimos con traballiños para o #Díadapoesía. 
As nenas e nenos de 1ºEP están a estudar os animais e preguntáronlle a Galdiño se había algún libro de POESÍA sobre animais, e claro que había!. O libro escollido foi ANIMAL FUN, cuxo autor é Pepe Sendón da editorial EL PATIO EDITORIAL. 

Cada nena/o elexíu o poema do animal que máis lle gustou e fixo o seu propio debuxo, a verdade que sodes uns ARTISTAS !

Como no libro tamén viñan os versos en inglés algúns animáronse a recitalos! 

MIRADE QUE CHULADA...



Ningún comentario:

Publicar un comentario