Amosando publicacións coa etiqueta AMOR E AMIZADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AMOR E AMIZADE. Amosar todas as publicacións

14.2.19

DÍA DOS NAMORADOS

14 DE FEBREIRO: DÍA DOS NAMORADOS
Dende o equipo de dinamización, biblioteca e actividades extraescolares festexamos este día mediante un photocall, *dillo con respecto* onde todo o alumnado realizou un corazón e escribiu unha mensaxe a unha muller, xa que o día 8 de Marzo enviarémoslles eses corazóns a esas mulleres tan especiais. 
Todos os corazóns colgámolos na nosa árbore da paz esperando a que chegue o día para envialas. 


20.2.17

SEMANA DO AMOR E DA AMIZADE

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose unha actividade para a celebrar a "Semana do Amor e da Amizade". A actividade pódese ver no blogue "Con N de NOSA" premendo na seguinte imaxe.





19.2.14

QUÉROTE MOITO! DE CORAZÓN

Nestas datas arredor do San Valentín, os escaparates e publicidades enchéronse de corazóns vermellos. Celebracións do amor e dos sentimentos. Emocións! Sentir e aprender.

Dende a Biblioteca do noso colexio, e partindo da  temática dos sentimentos, iniciamos a campaña que leva por título "Quérote moito" e intenta, a través da proposta de  lecturas e de  actividades, axudar e a aprender do propio sentir. Non é doado poñerlle palabras ás emocións, posto que ás veces non nos paramos a pensar sobre o que sentimos e... entón poñemos corazas se habíamos de poñer corazóns.




Comezamos por propoñer algunhas lecturas que tratan sobre as emocións e os sentimentos. Para ler, sentir e aprender.




Consultamos o Calendario de eventos próximos:

Día 24: Contacontos de Kalandraka. Animación á lectura: Mamá, Imos cazar un oso, No bosque, Boas noites,Bufo, como presentación dos Libros para soñar.
O Día 24 de febreiro, tamén é o Día de Rosalía .
A poesía pode ser unha extraordinaria maneira de expresar sentimentos.

Marzo. Adicado á muller.
21 de marzo, Día da poesía.

Abril. Libros e contos, para seguir sentindo e aprendendo.

Maio: Semana das Letras Galegas , adicadas este ano ao poeta Díaz Castro.
Mes das flores e Día das nais.
Pois... comezamos a traballar, co que sentimos, cos sentimentos, a Muller, a Poesía e os Contos para identificarse, expresar e compartir sentimentos.

Se poño ganas, se poño corazón...

LEO, SINTO E APRENDO.