Dende a Biblioteca do noso colexio, e partindo da temática dos sentimentos, iniciamos a campaña que leva por título "Quérote moito" e intenta, a través da proposta de lecturas e de actividades, axudar e a aprender do propio sentir. Non é doado poñerlle palabras ás emocións, posto que ás veces non nos paramos a pensar sobre o que sentimos e... entón poñemos corazas se habíamos de poñer corazóns.
Comezamos por propoñer algunhas lecturas que tratan sobre as emocións e os sentimentos. Para ler, sentir e aprender.
Consultamos o Calendario de eventos próximos:
Día 24: Contacontos de Kalandraka. Animación á lectura: Mamá, Imos cazar un oso, No bosque, Boas noites,Bufo, como presentación dos Libros para soñar.
O Día 24 de febreiro, tamén é o Día de Rosalía .
A poesía pode ser unha extraordinaria maneira de expresar sentimentos.
Marzo. Adicado á muller.
21 de marzo, Día da poesía.
Abril. Libros e contos, para seguir sentindo e aprendendo.
Maio: Semana das Letras Galegas , adicadas este ano ao poeta Díaz Castro.
Mes das flores e Día das nais.
Pois... comezamos a traballar, co que sentimos, cos sentimentos, a Muller, a Poesía e os Contos para identificarse, expresar e compartir sentimentos.
Se poño ganas, se poño corazón...
LEO, SINTO E APRENDO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario