24.2.14

24 DE FEBREIRO. POESÍA DE ROSALÍA E CONTACONTOS KALANDRAKA

Este luns 24 de febreiro, temos a axenda moi ocupada.
Temos  o Acto Homenaxe a Rosalía de Castro, coma todos os anos. Ademáis,os máis pequenos gozarán dunha actividade de Animación á Lectura. Contacontos de Alex ao acordeón e Patricia, da Editorial Kalandraka.

Xa iniciada a Campaña Quérote moito! pola Biblioteca do Centro, Infantil e 1º curso de EP terán Contacontos que lle presentarán Libros para soñar. A Editorial pontevedresa Kalandraka anima á lectura e fai fincapé na importancia que teñen os ilustradores nos contos e nos Álbumes Ilustrados.

Recital de Poesía de Rosalía. Acto Homenaxe. Na segunda hora lectiva, e aproveitando a Hora de ler, temos previsto un Acto Homenaxe a Rosalía de Castro. Recital de poemas e reflexión da obra da Nosa Rosalía, por ser esta data do seu nacemento. Cantares Galegos e Follas Novas, dous poemarios en Galego que tratamos que sexan ilustrados polo noso alumnado e recitados, despois de ser traballados.

Os por menores desta actividade quedan recollidos no Blog Con N de NOSA. Visítao e enterate máis. Aquí tes un enlace directo:

http://con-n-de-nosa.blogspot.com.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario