13.11.17

NOVEMBRO... MES DA CIENCIA



Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como,MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, tamén nas bibliotecas escolares. Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redacción dun "manifesto"que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas. 

A matermática Pregrina Quintela Estévez, Premio "María Joséfa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste ano 2017. 


Estos son os recursos que nos propoñen as BIBLIOTECAS ESCOLARES dende o seu blog:



Dende BIBLIOGALDO xa nos puñemos mans á obra...NA CLASE DOS AZUIS, levan todo o mes con experimentos elaborados polos nenos e nenas. Galdiño propuxo facer un CLUB DE CIENCIA este curso,no que participarán os cursos de 3º,4º e 5º. O noso rincón da ciencia estase a construir,e mentras tanto, na última semana do mes de novembro teremos os RECREOS CIENTÍFICOS,nos que o alumnado de 6º de E.I, 4º curso e 5º faran de forma voluntaria,algún experimento para o resto do alumnado. 

 ASÍ QUE XA SABEDES SE CHE GUSTA A CIENCIA....VEN Á BIBLIOTECA! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario