A mestra Inés quere mandarvos unha mensaxe dende VOZ NATURA:
Todos os anos, durante a primavera, o alumnado máis pequeno do centro pon en marcha o seu horto e cambia o xardín da entrada. Os tulipáns que plantaron no outono chegan ao seu fin dando paso a unha nova planta que nos acompañará ata final de curso.
Este ano vimos truncadas estas dúas actividades. Cando marchamos para as nosas casas os tulipáns mostraban a súa mellor cara, foi case coma se estivesen esperando á soidade pa
ra poder murcharse. Por esta razón aínda non fixeramos o cambio. Non iamos cambiar algo tan fermoso.
A
pesar de que esta fermosa imaxe impresa na nosa retina nos leva acompañando
todo este tempo, non quería que vos quedarades sen poder plantar o pequeno
xardín. Por esta razón, aí vai a nosa
proposta.
Eu
plantei ESPERANZA, porque teño a esperanza de que o próximo curso poidamos
gozar coas mans na terra. E vós, que ides plantar?
Dende o equipo de BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN queremos propoñervos unha actividade para completar a das LETRAS GALEGAS; o alumnado de INFANTIL tiñades que gravar un video coa vosa palabra favorita en GALEGO, pois ben, podedes facer ese video plantando e dicindo cal é esa palabra e por que é a vosa favorita.
VEÑA, ANIMÁDEVOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario