24.10.17

24 de OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a  Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía.

Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial.

Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. 

Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa. 

ESTE É O CARTAZ:




Dende o colexio ,preparamos unha serie de actividades para traballar durante o mes de outubro,mes da BIBLIOTECA. Entre elas:
  • Formación de usuarios,para tódolos cursos
  • Carnets novos, para os nenos e nenas de 4º de E.I.
  • Exposición de marcapáxinas, relacionados coa ciencia e a robótica.




  • ANIMACIÓN Á LECTURA do libro "WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE PAZ",realizada polo alumnado de 5º curso e 6º de E.I.


Fixemos  un cartaz anunciando o evento xa que a nosa BIBLIOTECA ESTABA DE FESTA!!.
Para saber máis sobre WANGARI MATHAI,deixamos o enlace ao blog : 

Ningún comentario:

Publicar un comentario