DÍA DA PAZ
Este ano, coma en anos anteriores, fixemos varias actividades relacionadas como fomento da tolerancia e da paz, precisamente coa intención de conmemorar este día.
|
Pegamos as nosas mensaxes na pomba |
|
Lemos os nosos manifestos en varias linguas |
Ademáis das que cada grupo traballou a nivel de aula durante as dúas semanas previas, organizáronse unhas en común. Desgraciadamente o día non acompañaba como para poder facelas no exterior, así que contentámonos con facelas no ximnasio, neste caso, o importante é o fin, non os medios ;)
Así que cada grupo, logo de actividades de aula, postas en común, debates,... escribiu a súa mensaxe nunha tira de papel, e cada neno/a a súa propia na silueta da súa propia man; e poñendo todas as mans unidas nun xesto simbólico, cubrimos o mural dunha pomba que aínda a día de hoxe temos exposta na entrada. Durante o acto común léronse manifestos dos distintos grupos, cantáronse cancións, recitáronse poemas en todas as linguas que traballamos, incluso linguaxe de signos e colgáronse da nosa pomba todas as tiras coas mensaxes.
|
Xuntámonos no ximnasio |
|
Lemos os nosos manifestos |
Por último, saímos todos os grupos ao patio cuns globos coas nosas mensaxes, e soltámolos para facer partícipes do noso pensar ao resto do MUNDO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario