17.11.08


O ESCRITOR QUE ESCOITA O RUÍDO DO MUNDO
A Academia sueca, nunha sorprendente decisión, premia co Nobel de Literatura ao francés Jean-Marie Gustave Le-Clézio, que reaccionou "con incredulidade"
Aínda que nos últimos días o nome do novelista francés Jean-Marie Gustave Le-Clézio soaba -sobre todo, nos círculos literarios suecos- como posible gañador do Premio Nobel de Literatura 2008, o resultado non deixa de resultar unha sorpresa. Nado en Niza, de nai francesa e pai británico, Le Clézio recibiu a noticia do galardón en París, lonxe de onde vive na actualidade, Albuquerque, no estado nortamericano de Novo México. A súa reacción ao coñecer a decisión da Academia sueca foi de "certa incredulidade, certa esperanza e certa felicidade", segundo dixo en inglés na sede de Gallimard, a editorial que acaba de publicar o seu último libro, Ritournelle de la faim. Pero tamén tivo tempo de falar en castelán, da lingua e a cultura españolas en Novo México e do seu amor polo hispanoamericano e as culturas indíxenas.
Asegurou non incluírse a si mesmo en corrente literaria ningunha aínda que a Academia sueca definiuno como "o escritor da ruptura, da aventura poética e da sensibilidade extasiada, investigador dunha humanidade fóra e debaixo da civilización reinante". E tampouco lle invade o medo que atacou a súa predecesora no Nobel, a británica Doris Lessing, que lle impedía iniciar a súa seguinte novela. Le Clézio non pensa parar por recibir o premio.
Sabiades que na BIBLIOTECA ESCOLAR temos un libro deste autor?
Premio para o primeiro que o localice!

Ningún comentario:

Publicar un comentario