Na última entrada publicada "Xaneiro con X de Xeada" móstrase o punto de partida dun interesante traballo para coñecer e dar a coñecer a firma H.XEADA, artista polifacético da nosa Comarca A Mariña Lucense. Pintor, escultor e tallista nado en Adelán, Alfoz.
Gañador de moitos premios relacionados con distintas artes plásticas. Dentro e fóra da nosa Comunidade a obra de Hipólito Xeada non pasa desapercibida.
H. XEADA pinta o que ve e faino con moita xenialidade. Mistura temas relacionados coa paisaxe, motivos naturais e de traballos do mar e da terra, mulleres e homes, romarías e foliadas. Persoas en esceas moi familiares, moi Nosas. GALICIA VISUAL, con e sen palabras. Por que o galego e a Lingua vai más alá das palabras! Galicia vese e séntese a través da súa obra pictórica.
Ás veces ata se escoita a música dos seus gaiteiros, ou o balbordo das peixeiras no porto, e as gaviotas! E curioso esta maneira especial de representar o son con que nos agasalla H. XEADA.
Pois...non dubides! Pincha para ir ao blog CON N DE NOSA para saber deste artista e da súa obra.
Aquí só deixamos unhas pinceladas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario