O noso centro tamén se sumou con múltiples actividades para conmemorar este día, e que mellor forma que facendo unha ANIMACIÓN Á LECTURA co conto "ÉRASE DUAS VECES. A RATIÑA PRESUMIDA".
DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, fixemos unha escolla de libros axeitados que tratan diferentes temas para tódalas idades. Durante a semana, na hora de ler, foron elexidos un a un.
Esta animación foi unha sorpresa moi grande, xa que os mestres do centro son protagonistas. Aquí deixamos o video. Gozade coa súa interpretación!!
#bibliotecainclusiva
Pero non soamente foi isto, senón que tamén o alumnado de sexto curso nos representou o rap que elas e eles fixeron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario