Gustan os contos e atraen as imaxes que teñen; as ilustracións. As imaxes son moi importantes nunha sociedade cada vez máis visual.
Estamos en pleno boom do Album Ilustrado. Nun álbum ilustrado texto e imaxe compleméntanse, aportando significados. Trátase dun formato máis visual. Libros atractivos para os nenos e nenas.
A obra artística, plástica que acompaña o texto é o reclamo a meterse na historia que se conta.
Moitos dos libros e contos para nenos e nenas están escritos por dúas persoas: a autora e a ilustradora. Algúns libros están escritos so pola persoa ilustradora.
Entón, o traballo das persoas ilustradoras e cada vez máis importante recientemente.
Moito traballo de planificación e bosquexos a partir do texto, ata chegar á ilustración final.
Na época dos nosos avós os libros tiñan moi poucas iluatracións ou ningunha, so letra. As ilustracións foron evolucinando dente o debuxo a tinta en blanco e negro, logo a color. Hoxe existen moitas técnicas e moitos materiais para dotar de imaxes un conto. A televisión e o mundo da Publicidade influiron para desenvolver unha linguaxe máis visual, condensando rápidamente moito significado coa imaxe. Despertando a atención do público. Xogando con imaxes e texto atractivos. Narrando.
IMAXES. ILUSTRACIÓNS
Existen moitas maneiras de ilustrar un conto:
- A dúas tintas, empregando branco e negro e outra cor.
- Collage de diferentes materiais.
- A base de fotografías con composicións.
- Feitos de diferentes elementos.
- Ilustracións 3D, por ordenador.
- Plastilina ou obxectos reais.
- Ilustracións por ordenador, (con programas específicos, Photoshop, Ilustrator,... combinación de debuxos previamente escaneados, fotomontaxes,...).
Gústanos, por exemplo as simpáticas ilustracións de Guridi...
Raúl Nieto Guridi, interpretando aos clásicos. Ilustracións sencillas,con espazosbrancos e moito significado condensado.
http://guridi.blogspot.com.es/
En Galdo e na actividade dos contos nótase a importancia que lle dan á obra plástica, as enerxías postas en facer atractivo o seu conto entre moitos, reclamando atención para ser vistos, (ainda que non sexan lidos de primeiras). Moita arte, posto que hai entre alumnado e familias verdadeiros artistas ilustradores.
Algúns exemplos:
O flautista de Mateo Rubal,5º, empregando materiais básicos e conseguindo unha presentación maxestuosa.
Ademáis, ofrece unha boa composición pop-up, que fai un conto ainda máis atractivo.
A carapuchiña vermella de Ainé, 3º, empregando pasta, da de comer.
As texturas e a demostración gráfica das casas dos tres porquiños, de Santi,1ºEP
A Carapuchiña de fieltro de Nuria Veiga, 5º, nun traballoso bosque de árbores frondosos de boliñas verdes.
A montaxe por capas para o parrulo de Hollywood de Xosé Ramallal, de 5º.
Grazas polas vosas ilustracións! Hai moitas e de moi variadas técnicas: texturas, collage, plastilina con alkil,...
Recomendamos vir a velas ao colexio, en versión orixinal para apreciar mellor o traballo e a técnica.
Pero ollo, advertencia! Non é o mesmo pintar ,que ilustrar poesía e que ilustrar a actividade "DAQUELES CONTOS...A NOVOS FINAIS". O texto, neste caso, é moi importante e previo á obra plástica que o complementa.
O texto tamén se pode traballar para facelo máis atractivo de ler, ou non?
Que se poda ler e que apeteza lelo!
Que se poda ler e que apeteza lelo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario