8.5.19

OBRADOIRO "O GLOBO DE MARRUÁN O BARBEIRO" #AntonioFraguas #Letragalegas19

Hoxe tivemos a gran sorte de poder levar a cabo un obradoiro ofertado polo CONCELLO DE VIVEIRO E EUREKA ACTIVIDADES xunto con LUCAS REQUEJO. 

Todo comezou na exposición de VIVEMAR, onde Lucas nos explicou a historia do "Barbeiro de MARRUÁN" e o seu globo aereoestático.

Estamos encantados de colaborar con este proxecto educativo, parécenos superimportante concienciar ao alumando sobre o medioambiente e o plástico. Este proxecto terá continuidade o curso que ven, e no #coledegaldo seguiremos con eles xa que o noso proxecto xirará entorno a isto. Gústanos colaborar coas propostas do concello que teñan relación cos nosos proxectos.

ESTAS FORON AS ACTIVIDADES QUE SE PROPUXERON.


MIRADE QUE CHULADA OS GLOBOS FEITOS POLO ALUMNADO DE INFANTIL E O TEATRO DE SOMBRAS sobre a HISTORIA DE MARRUÁN.
O traballo da COMPETENCIA LINGÜÍSTICA unido á creatividade non pode ser mellor!

BIBLIOTECA CREATIVA, BIBLIOTECA INCLUSIVA

A vindeira semana, será o turno para o alumnado de 1º e 2º / 5 e 6º.

Ningún comentario:

Publicar un comentario