18.5.19

XOGO DE FUGA! LIBEREMOS A ANTONIO FRAGUAS

E por fín chegou o gran día, o día da celebración das NOSAS LETRAS GALEGAS, sí, hoxe é un día de FESTA, o día de ANTONIO FRAGUAS, perooo... ONDE SE ATOPA??
só escoitamos berros no ximnasio e é a voz dun home... que ocorre?
Alá imos a averigualo!

O que aconteceu  foi o seguinte: esta semana o EDLG e o equipo de  Biblioteca propuxo unha serie de actividades onde o alumnado tiña que documentarse sobre a biografía do autor, tiñan libros divulgativos e de literatura infantil na sección de novidades da biblioteca e recursos no noso blogue. 

A misión era liberar a Antonio Fraguas dun encarcelamento o cal enviou unha carta pedíndonos a nosa axuda.



A partir de aquí, formáronse os equipos interniveis, como? todas e todos atoparon unha peza dun puzzle debaixo da súa silla de clase, cada unha dunha cor diferente. A pista primeira era xuntarse todos no ximnasio e alí formar cada puzle coas cores e pezas correspondentes.

  
                           

En equipo tiveron que superar sete probas diferentes para conseguir os sete díxitos da  combinación gañadora e poder abrir o cadeado da porta onde está pechado Antonio Fraguas.

As probas versaron sobre a súa vida, con sete temáticas diferentes:

ETNOGRAFÍA: o alumnado tivo que  identificar diferentes traxes rexionais coa axuda dun DOC, elas averiguaron a que tipo de roupa tiñan que chegar.

ANTROPOLOXÍA: afondaron nas antigas civilizacións que invadiron Galiza. Esta proba relacionouse co cálculo ABN
HISTORIA: preguntas de rúas, lugares da vida do autor utilizando competencia dixital.
O ENTROIDO: puxeron a proba os coñecementos sobre esta festa popular centrada en Ourense traballando a competencia lingüística.
XEOGRAFÍA: tiveron que situar xeográficamente diferentes sitios en mapas físicos e políticos de Galicia.


MÚSICA: púxose a proba o oído musical,  mediante a discriminación auditiva de distintos instrumentos tradicionais.

O GALEGO: a través da búsqueda de diferentes pistas na bibliografía do autor, as nenas e nenos atoparon palabras agochadas(con tinta invisible) as cales  revelaron os códigos binarios que precisaban.


Sen dúbida, foi unha xornada moi especial na que coñecemos máis a fondo a figura deste autor onde fomentamos as competencias clave. A diversión estivo asegurada...

SERÁN CAPACES DE LIBERAR A ANTONIO FRAGUAS??

MIRADE, mirade...SIIIIII






1 comentario:

  1. Xenial, xentiña de Galdo! Encántame o voso e noso Antonio Fraguas! Canto aprendemos con vós! Parabéns, boa xente traballadora!

    ResponderEliminar