16.5.19

ACTIVIDADE DA MICRORREDE. "A POESÍA QUE SENTIMOS"

ATENCIÓN FAMILIAS !

Xa estamos a recibir as BOLSAS DE TEA DECORADAS, PERO QUE MARAVILLA! sodes supercreativos, e as poesías preciosas.

Ainda estades a tempo de enviar as vosas bolsas de tea reutilizables. Deixo o enlace da MICRORREDE onde explicamos todos os actos que acontecerán na semana do 3 ao 6 de Xuño, días da exposición na sala do concello e na sala da Biblioteca municipal de Viveiro.
Este ano haberá recitados polo alumnado que se escoitará polas mañás e pola tarde no fío musical que pon o CCHH de Viveiro. Tamén estamos a escribir os poemas en PEZAS ÚNICAS que serán para agasallar cando merquedes nas tendas do casco histórico.
MIL GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario